HomePontevedraCaldasEmigración participa no acto de presentación da Bandeira Orixinal da Liga de...

Emigración participa no acto de presentación da Bandeira Orixinal da Liga de Amigos do Carme no concello de Pontecesures (Pontevedra)

- Anuncio -spot_img

A subdirectora de Coordinación Administrativa da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, asistiu hoxe ao acto de homenaxe á emigración galega no Concello de Pontecesures, que tivo, como eixe central, a presentación pública da acta fundacional da Liga de Amigos do Carmen e a bandeira orixinal desta efeméride que posúen no concello. Acompañou así ao alcalde da localidade, Juan Manuel Vidal e a corporación municipal nuns actos que se desenvolveron no salón de plenos da casa consistorial.

A Bandeira da Virxe do Carme foi doada polos descendentes galegos dos orixinarios asinantes da acta fundamental da Liga de Amigos do Carmen, e atópase exposta no salón de plenos do concello de Pontecesures. Durante anos, esta bandeira foi portada polos pescadores cesureños que asistían á procesión o día da Virxe do Mar.

Publicacións Relacionadas