Home Xunta de Galicia En marcha a 5ª edicción do Programa Talentos Inclusibos para fomentar a...

En marcha a 5ª edicción do Programa Talentos Inclusibos para fomentar a innovación e a cooperación nos centros eductivos

- Anuncio -

Os directores xerais de Innovación Educativa e de Familia xunto os 15 centros participantes inauguran esta acción en colaboración co CITIC e Aspace Coruña
A Coruña, 29 de novembro de 2024.- A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participaron hoxe no acto de presentación da 5ª edición do programa Talentos Inclusivos que promove a innovación tecnolóxica e a inclusión social. Este programa, impulsado pola Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, seleccionou a 15 centros educativos para participar no curso 2024-2025.

No marco desta iniciativa, alumnado de ESO, Bacharelato e FP colaborará con persoas con parálise cerebral para desenvolver solucións tecnolóxicas que melloren a calidade de vida deste colectivo. Estes equipos estarán integrados por estudantes, persoas con discapacidade, profesorado dos centros educativos e investigadores do CITIC, que traballarán de forma conxunta na creación de proxectos prácticos e innovadores.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou a importancia deste enfoque colaborativo e sinalou que Talentos Inclusivos “é unha oportunidade única para combinar a educación e a inclusión, permitindo que o alumnado aplique os seus coñecementos en contextos reais mentres coñece a realidade das persoas con discapacidade”. “Este tipo de iniciativas transforma vidas, rompe barreiras e constrúe unha sociedade máis xusta e equitativa”, afirmou.

Incorporación da Cruz Vermella
Pola súa banda, os retos tecnolóxicos que abordarán os equipos serán definidos nos primeiros meses do proxecto grazas á colaboración das entidades Aspace Coruña, Amanecer-Aspace, APAM e, por primeira vez, Cruz Vermella Coruña, que se suma ao programa para propoñer solucións orientadas ás necesidades das persoas maiores. Entre os desafíos previstos figuran proxectos relacionados con realidade aumentada, robótica aplicada á rehabilitación, domótica de baixo custo para a automatización de dispositivos como luces ou climatización, impresión 3D para o desenvolvemento de produtos de apoio e actividades de lecer accesibles baseadas na gamificación.

Cada centro educativo poderá involucrar ata 50 alumnos, distribuídos en varios retos de 10 estudantes por grupo. Estes retos teñen como obxectivo principal promover a aprendizaxe activa e colaborativa, ademais de sensibilizar á mocidade sobre a diversidade funcional e as necesidades específicas das persoas con discapacidade. Así, busca visibilizar a realidade destes colectivos, ao mesmo tempo que fomenta o talento do alumnado galego e impulsa solucións prácticas que teñen un impacto directo na mellora da calidade de vida das persoas implicadas.

Os 15 centros que participan nesta edición son os seguintes:

Relacionadas

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

0
Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade A conselleira de...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Publicacións Relacionadas