HomeA CoruñaFabiola García felicita á residencia pública autonómica Torrente Ballester da Coruña ao...

Fabiola García felicita á residencia pública autonómica Torrente Ballester da Coruña ao recibir o certificado de Aenor que recoñece a calidade dos seus servizos

- Anuncio -spot_img

A conselleira de Política Social e Igualdade sinala que o mérito desta acreditación recae, principalmente, no persoal do centro que cada día está ao carón das persoas maiores


A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, trasladou hoxe os seus parabéns á residencia de maiores pública autonómica Torrente Ballester da Coruña, que acaba de recibir o certificado de Aenor que garante a calidade dos seus servizos conforme a requisitos e estándares internacionais.

Fabiola García puxo en valor que esta acreditación reflicte o compromiso de mellora continua por parte do equipo de profesionais que se ocupa da atención residencial, persoal, psicosocial e sociosanitaria dos usuarios. A conselleira sinalou, ademais, que o mérito desta distinción recae, principalmente, no persoal do centro que cada día está ao carón das persoas maiores.

O certificado de Aenor únese ao recoñecemento recibido en xaneiro como centro libre de suxeicións, o que converteu ao centro Torrente Ballester na primeira residencia de maiores de Galicia en obter este certificado por parte da Confederación Española de Organizacións de Maiores (Ceoma).

Publicacións Relacionadas