Home Xunta de Galicia Fabiola García pon en valor a importancia do audiovisual como ferramenta de...

Fabiola García pon en valor a importancia do audiovisual como ferramenta de cambio social e promoción da igualdade

- Anuncio -

A conselleira felicitou a todas as participantes no certame e agradeceu o seu labor para lograr unha Galicia máis igualitaria

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, puxo en valor a importancia do audiovisual como ferramenta de cambio social e promoción da igualdade. Así o sinalou durante a IV gala de entrega dos premios Mulleres no Foco, na que tamén participou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, e o director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil.

Estes premios, organizados pola Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA), recoñece o traballo das profesionais do sector audiovisual poñendo o foco nos eidos nos que aínda as mulleres teñen menos representación. Neste sentido,  a conselleira sinalou a importancia das mulleres do audiovisual cada día “para producir pezas que nos fan pensar nun futuro en igualdade”.

Durante a súa intervención, Fabiola García felicitou ás tres premiadas e ao resto de participantes, ao tempo que destacou que “o audiovisual é unha ferramenta imprescindible de cambio social”. Tamén lle  agradeceu o seu traballo que intenta mudar a mirada que durante moitos anos paso inadvertida no cinema, dándolle o papel que merecen a todas as mulleres que forman e formaron parte del.

Nesta liña, fixo fincapé en que o audiovisual constitúe unha peza fundamental para a concienciación tamén das xeracións máis novas. Por iso mesmo, lembrou que a Consellería de Política Social e Igualdade nos últimos meses está a colaborar con diversas propostas culturais e do audiovisual para dar máis ferramentas para reflexionar e sensibilizar, como é o caso da unidade didáctica da película Matria, en colaboración coa produtora Matriuska, que a Xunta puxo a disposición dos concellos e dos CIMS galegos.

Así mesmo, Fabiola García reiterou o compromiso da Xunta de Galicia para seguir impulsando un audiovisual que sexa instrumento de sensibilización e cambio cultural cara unha sociedade cada vez máis igualitaria. Deste xeito, asegurou que o Executivo galego seguirá traballando para que as mulleres teñan un papel protagonista diante e detrás das cámaras, pero especialmente en todas as esferas da vida.

Relacionadas

A Xunta salienta o protagonismo de Galicia no automobilismo

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na presentación do equipo Ares Racing para a tempada 2025, na que...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

A Xunta favorece a empregabilidade da mocidade por conta propia e allea lanzando novos...

0
José González destacou a Estratexia Mocidade Activa que inclúe apoios á contratación como os programas Investigo (4,8 M€), o de primeira experiencia profesional (6,3...

A Xunta aposta pola mediación nunha xustiza centrada na cidadanía

0
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na xornada ‘A mediación: outra forma de resolución de conflitos e potenciar a competitividade das empresas’,...

A Xunta apoia a celebración do Día dos Medios en Galego que inclue concertos...

0
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta esta celebración pola “importancia en uso e en prestixio” do emprego da nosa lingua...

A Xunta anima a empresas e entidades sociais a apostar por iniciativas para a...

0
— Ángeles Vázquez pon como exemplo a actuación realizada por Padre Rubinos, que recibiu 10.516 € para mellorar a capacidade de almacenaxe das súas...

Publicacións Relacionadas