HomeA CoruñaFabiola García salienta que Galicia chegará ás 100 casas niño durante o...

Fabiola García salienta que Galicia chegará ás 100 casas niño durante o ano 2021

- Anuncio -spot_img

Actualmente están en funcionamento un total de 78 instalacións de estas características en toda a Comunidade


A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou esta mañá, durante unha visita á casa niño que acaba de abrir no concello coruñés de Vilarmaior, que Galicia chegará as 100 casas niño durante o ano 2021. Trátase dun servizo de conciliación para as nenas e nenos de 0 a 3 anos que, salientou a responsable do departamento autonómico, se ten consolidado na nosa Comunidade logo da súa posta en marcha hai catro anos.
O Goberno galego vén de habilitar unha partida de 968.000 euros para o mantemento das
78 casas niño que a Comunidade ten repartidas polas catro provincias na actualidade.
Delas, 69 están xa en funcionamento e outras nove, procedentes da orde do ano 2020,
están abrindo nestas semanas, como é o caso de Vilarmaior.
Para a posta en marcha deste recurso de conciliación totalmente gratuíto para as familias, o
Executivo autonómico destina unha axuda inicial de 15.000 euros para o equipamento e as
obras do local que albergará a casa niño e unha partida anual de 22.000 euros para os
custes do funcionamento.
A conselleira apuntou que no ano 2021 o Goberno galego seguirá apostando por este
servizo para chegar ao 100% dos concellos máis pequenos. Deste xeito, asegurou, as
familias poderán contar cun recurso de conciliación próximo aos seus fogares.

Publicacións Relacionadas