Home Xunta de Galicia Feijóo pide á vicepresidenta Ribera reorientar a transición enerxética cara a unha...

Feijóo pide á vicepresidenta Ribera reorientar a transición enerxética cara a unha transición xusta, inclusiva e ordenada que dea seguridade aos preto de 15.000 empregos en perigo en Galicia

- Anuncio -

 No tocante a unha transición xusta, propón que do fondo que lle corresponde á Comunidade neste eido, é dicir 111 millóns de euros, Galicia poida ter un 10% adicional na intensidade das axudas, ao igual que as comunidades autónomas cun nivel de renda per cápita inferior

 Pide que Ferrol, Neda, Fene, Mugardos e Narón se inclúan na lista de zonas de transición vinculada ás Pontes para que tamén poidan beneficiarse das axudas

 Sobre a situación que atravesa Ence, traslada a Teresa Ribera o informe elaborado polo Consello Consultivo de Galicia, onde se formula a posibilidade de adscribir a factoría aos terreos da Autoridade Portuaria de Marín

 Pide novamente que o Goberno valore a central térmica das Pontes como un lugar estratéxico para garantir a seguridade da subministración eléctrica

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe á vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, a necesidade de reorientar a transición enerxética abrupta cara a unha transición xusta, inclusiva e ordenada, que dea seguridade aos preto de 15.000 empregos que están en perigo na Comunidade.

Durante a xuntanza, Feijóo garantiu o compromiso do Goberno galego cunha Galicia verde e azul, reflectido, por exemplo, na lei da paisaxe, no coidado do territorio e na aposta polo abastecemento e o saneamento das augas, así como pola depuración das rías.

No tocante a unha transición xusta, Feijóo propuxo que do fondo que lle corresponde á Comunidade neste eido, é dicir 111 millóns de euros, Galicia poida ter un 10% adicional na intensidade da axudas, de xeito que poida realizar unha xestión semellante a das comunidades autónomas cun nivel de renda per cápita inferior. E, en relación a unha transición integradora, pediu que Ferrol, Neda, Fene, Mugardos e Narón se inclúan na lista de zonas de transición vinculada ás Pontes para que tamén poidan beneficiarse das axudas.

“E a transición tamén ten que ser ordenada, porque ninguén pode perder o seu posto de traballo como consecuencia dunha transición improvisada”, engadiu, referíndose tamén á situación límite que está a vivir Alcoa. Nesta mesma liña, incidiu na necesidade de afrontar a venda de Alcoa con seguridade, sen excluír a intervención temporal por parte da SEPI.

Ademais, o titular da Xunta recordou que os prezos do megavatio fan imposible a produción de aluminio, “e necesitamos unha inxección de recursos procedentes da recadación das emisións de CO2”, dixo, valorando a disposición do Goberno central a destinar ata o 25% desta recadación, aumentando desde os 179 millóns de euros incluídos nos orzamentos estatais de 2022 ata os 450 millóns.

Sobre a situación que atravesa Ence, o presidente da Xunta valorou o feito de que ambas administracións coincidan na necesidade de que a pasteira continúe en Galicia e aproveitou o encontro para trasladar a Teresa Ribera o informe elaborado polo Consello Consultivo de Galicia, onde se formula a posibilidade de adscribir a factoría aos terreos da Autoridade Portuaria de Marín. “A vicepresidenta asegurounos que vai estudar o informe e, en todo caso, comprometeuse a que Ence se quede en Galicia, algo que nos tranquiliza”, abundou.

“E pedinlle novamente que valore a central térmica das Pontes como un lugar estratéxico para garantir a seguridade da subministración eléctrica. Cremos que España non debe pechar de forma abrupta todas as súas centrais térmicas incluída a máis grande, que é esta”, engadiu.

Ao longo do encontro, Feijóo destacou tamén a aposta de Galicia pola eólica mariña, facéndoa en todo momento compatible coa actividade pesqueira, acuícola e marisqueira. Ao respecto, aproveitou a reunión para trasladarlle a preocupación ante a difícil situación que están a atravesar as empresas que fabrican palas, motores e xeradores eólicos.

Sobre a oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation, Feijóo explicou á ministra os avances en relación ao proxecto de fibras téxtiles de madeira certificada e ao proxecto de economía circular, a través do tratamento de 7 millóns de toneladas de xurros para transformalos en biogás e fertilizantes. “Entregueille á vicepresidenta o documento con ambas iniciativas e un memorando con empresas europeas que están dispostas a investir”, aseverou.
Por último, en relación a inclusión do lobo na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial, o presidente do Executivo autonómico incidiu en que Galicia non comparte a decisión do Goberno: “Temos claro que o lobo é unha especie que debemos protexer, pero iso non significa que debamos facelo en contra do gando do que viven miles de familias”, afirmou, facendo fincapé en que hai fórmulas para equilibrar a permanencia do lobo nos nosos territorios garantindo a seguridade do sector agrogandeiro.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cubre once prazas de especialistas no...

0
― O Hospital Provincial acolleu esta mañá o acto de toma de posesión de boa parte dos facultativos, que acadaron praza fixa no Sergas...

A Xunta lamenta que o Partido Socialista Pretenda incumprir a Lei de Costas Estatal...

0
— O conselleiro Román Rodríguez subliña que construír un pavillón neste centro non é unha cuestión de “vontade política” senón de “legalidade” urbanística — Lembra...

Publicacións Relacionadas