Home Vigo Gondomar Feijóo reúnese co alcalde de Gondomar para abordar asuntos de interese para...

Feijóo reúnese co alcalde de Gondomar para abordar asuntos de interese para o concello

- Anuncio -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe co alcalde e Gondomar, Juan Francisco Ferreira González, asuntos de interese para o concello, así como o estado da colaboración coa Xunta en distintos proxectos.

En concreto, na reunión trataron o asunto da reordenación do parque empresarial da Pasaxe, para o que a Xunta aprobou no seu momento un proxecto sectorial co fin de regularizar a súa situación. Ademais, a Administración autonómica tamén se encargou da redacción do proxecto de urbanización da primeira fase, que xa está realizado.

Neste ámbito de cooperación, tamén destaca o centro de saúde, que se rematou en 2019 grazas a un investimento de 1,9 millóns de euros.

Ademais, o Goberno galego tamén traballa noutros asuntos que benefician ao concello, como as bonificacións previstas para familias numerosas para setembro de 2021 nas peaxes na AG-57.

En materia de augas, o presidente da Xunta avanzou que a Xunta executará a mellora da drenaxe na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns, nunha actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. E salientou que Augas de Galicia xa está a redactar o proxecto para a ampliación da EDAR de Gondomar.

Relacionadas

Os escolares celebran cun concerto de Brais Morán a clausura do programa “Semaniña enteira”

0
Máis de 300 escolares de diferentes institutos de Redondela asistiron hoxe ao concerto de Brais Morán & Nasaufunk organizado polo departamento de Normalización Lingüística...

As podas chegan á oliveira da Oliva, ás camelias de García Camba, aos ficus...

0
Tamén se están a podar tres exemplares de plátanos da avenida de Bos Aires, fronte ao Centro de educación de adultos porque están secos...

Luis López dá a benvida a Belén Cachafeiro ao goberno provincial, no que María...

0
A nova deputada, que ocupa o lugar deixado por Jose López, asume a xestión de Fondos Europeos, Innovación e Axenda Dixital “Con estes axustes queda...

O concello de Nigrán cobre a capacidade de inscricións para o camiño ‘5 Miradoiros’...

0
A proba que combina deporte, natureza e vistas espectaculares reúne a un 35% de participantes femininas, unha porcentaxe moi alta neste tipo de competicións O...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana 1,5 millóns de € para...

0
Os novos recursos beneficiarán aos concellos da Cañiza, Cangas, Marín, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Vilagarcía e Vilanova de Arousa A Deputación acaba de aprobar en Xunta...

A Oficina de turismo, a praia do Muíño e 10 establecementos turísticos do Concello...

0
O pasado mércores 10 de abril celebrouse no Hotel Pazo Los Escudos de Vigo a Gala Anual de Turismo da Deputación de Pontevedra, evento...

Publicacións Relacionadas