Home Xunta de Galicia Galicia aposta pola dixitalización no rural como xeito de acadar o desenvolvemento...

Galicia aposta pola dixitalización no rural como xeito de acadar o desenvolvemento sustentable na UE

- Anuncio -

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe no primeiro encontro do ano da Comisión de Recursos Naturais do Comité Europeo das Rexións, onde se abordou a necesidade de avanzar nas transicións dixital e ecolóxica co apoio do rural

O Comité Europeo das Rexións (CdR) aprobou, no primeiro encontro da Comisión de Recursos Naturais (NAT) deste 2023, un ditame que afonda nos obxectivos e ferramentas para acadar unha Europa rural intelixente. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na xuntanza como representante da Xunta.

O CdR recoñeceu que as transicións verde e dixital supoñen unha oportunidade para reactivar a vida e as economías non urbanas e, polo tanto, que a innovación ten que xogar un rol fundamental no desenvolvemento dos espazos rurais.

Nesta liña, no encontro abordouse a necesidade de apostar por rehabilitacións e novas construcións con alta eficiencia enerxética, así como mellorar as infraestruturas de comunicacións. Outros elementos a ter en conta son o desenvolvemento da economía circular, a modernización da agricultura, a bioeconomía e a economía azul ou a agroforestal. Os membros de NAT debateron sobre a posibilidade de establecer obxectivos comúns a nivel europeo e recomendaron a aplicación de sete principios á hora de constituír as chamadas “aldeas intelixentes”.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, lembrou o peso do rural en Galicia “dende un punto de vista tanto social como económico”. Así, recoñeceu que cada decisión comunitaria para estimular e favorecer este modo de vida será ben recibida pola comunidade. “Procúrase que o despoboamento non faga morrer espazos con séculos de historia. O rural galego, así como o europeo, están cheos de oportunidades que, grazas ás novas tecnoloxías, minimizan as diferenzas coa vida nas cidades”, engadiu Gamallo.

As comisións CIVEX e NAT do Comité das Rexións
No actual mandato 2020- 2025 do Comité Europeo das Rexións, Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). Esta última elabora ditames en materia de seguridade, liberdade, xustiza, política migratoria e cidadanía, polo que nestes momentos contribúe de maneira fundamental a un dous obxectivos políticos prioritarios da UE: reforzar a democracia europea.

Relacionadas

A Xunta convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública cursos para o...

0
― Cervo e Baiona acollerán dúas edicións válidas para a inscrición no ‘Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia’ ―...

A Xunta publica a orde reguladora da próxima tempada de caza, que se estenderá...

0
— Serán días hábiles os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico — No caso do xabaril, o período xeral para exercer a...

A Xunta abre a nova convocatoria de axudas de 2,5M€ para a creación de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destinada a pequenas, medianas e grandes empresas para as que o prazo comeza mañá...

Medio centenar de administrativos dos Centros de Saúde da Área Sanitaria de Pontevedra e...

0
― Esta formación presencial, celebrada esta mañá no salón de actos do Hospital Provincial, é froito da colaboración entre a Área Sanitaria pontevedresa e...

Rueda destaca a excelencia e compromiso dos profesionais do sector turístico que contribúen a...

0
Salienta que Galicia pechou 2023 como primeiro destino do norte peninsular No que vai de ano, a comunidade rexistrou máis de 412.000 turistas aloxados,...

Rueda destaca o papel dos empresarios á hora de facer avanzar Galicia e convertela...

0
― Resalta a posta en marcha cunha Oficina de Coordinación Económica para avaliar os grandes proxectos e xestionar os fondos europeos ― Salienta a aposta...

Publicacións Relacionadas