test
Home Xunta de Galicia Galicia avanza na desestacionalización cun cremento do 5% no número de viaxeiros...

Galicia avanza na desestacionalización cun cremento do 5% no número de viaxeiros aloxados nos cinco primeiros meses do ano

- Anuncio -
  • Segundo as cifras do INE feitas públicas hoxe, rexistrou máis de 2,1 millóns de viaxeiros e máis de 3,5 millóns de noites no conxunto do aloxamento turístico
  • Trátase de cifras récord de turistas e de noites que veñen acompañados de melloras no sector hoteleiro cun incremento do 7% na súa rendibilidade nestes meses
  • O turismo internacional segue a medrar e representou ata maio o 35% da demanda

O turismo galego continúa a avanzar de xeito positivo tanto en número de viaxeiros, noites e rendibilidade. Os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) indican que nos cinco primeiros meses do ano Galicia rexistrou máis de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 3,5 millóns de noites no conxunto do aloxamento turístico. Isto supón un incremento do 5% no número de viaxeiros e do 2% no de noites.

Trátase de número de viaxeiros e de noites máis altos da serie histórica neste período. É ademais o segundo ano consecutivo no que o nivel de demanda dos primeiros cinco meses supera a barreira dos 3 millóns de noites. No acumulado a maio Galicia colócase como o oitavo destino máis importante do Estado situándose por detrás de Canarias, Andalucía, Cataluña, a C. Valenciana, Baleares, Madrid e Castela e León.

Tamén neste período o 80% da demanda corresponde ao segmento hoteleiro mentres que o 20% restante fica no aloxamento extrahoteleiro (albergues, establecementos de turismo rural, cámpings…). Neste sentido destaca especialmente o comportamento do turismo rural, que medra nestes cinco primeiros meses do ano, cun incremento dun 5% en viaxeiros e un 6% en noites.

Desde o punto de vista dos mercados, destaca o comportamento do internacional que supuxo nestes meses o 35% da demanda turística e medra a un ritmo do 9% con máis de 1,2 millóns de pernoitas, máximo da serie histórica deste período de cinco meses.

Estes datos cuantitativos veñen acompañados por un bo avance desde o punto de vista económico para o sector hoteleiro. Segundo os datos do INE, nos cinco primeiros meses mellorou a rendibilidade hoteleira (hoteis e pensións) nun 7% e se estima que o sector hoteleiro tivo uns ingresos totais nominais de 114,4 millóns de euros, cifra que supera nun 8,7% o ano pasado.

Relacionadas

Xosé Merelles salienta a consolidación do festival Portamérica como atractivo turístico de Pontevedra

0
O director de Turismo de Galicia participa xunto o delegado da Xunta en Pontevedra na presentación do festival que arranca este xoves no concello...

A Xunta destaca as visitas a Cortegada como unha opción de turismo sostible en...

0
O ano pasado acudiron á illa preto de 10.000 persoas, unha cifra moi superior ás máis de 7.600 de 2022 e ás 5.700 do...

Xosé Merelles reivindica o papel clave do asociacionismo xacobeo para o futuro do...

0
Asiste en Santiago á primeira asemblea da nova federación europea de asociacións xacobeas Camino Europa Compostela que representa unha vintena de paísesDestaca que o...

Rueda destaca a aposta da Xunta por mellorar as infraestruturas para reforzar os servizos...

0
Salienta as actuacións realizadas en Sanxenxo, “un dos concellos turísticos máis importantes de toda España”Asegura que estas obras de humanización permiten “ordenar o tráfico,...

Lorenzana salienta a aposta da Xunta por reforzar as competencias da Xera en materia...

0
O CIS-Madeira é un dos dous centros de investigación adscritos á Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) xunto co Centro de Investigacións Forestais de...

Galicia lidera a caída do paro na evolución anual e acada unha cifra de...

0
A baixada do paro nun -8,59% no último ano sitúa a Galicia como a primeira comunidade autónoma na que más descende o desemprego en...

Publicacións Relacionadas