Home Xunta de Galicia Galicia cede a Cantabria a coordinación do destino ‘España Verde cun balance...

Galicia cede a Cantabria a coordinación do destino ‘España Verde cun balance 19,8 millóns de visitantes

- Anuncio -
  • Durante a xestión da comunidade galega, traballouse especialmente na proxección internacional e consolidación da marca
  • O acto desenvolveuse no stand de Galicia na primeira xornada de Fitur dixirida ao sector profesional

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, realizou o traspaso da coordinación do destino ‘España Verde’ ao conselleiro de Cultura, Turismo e Deporte do goberno cántabro, Luis Martínez Abad. Nun acto, celebrado en Fitur 2025 que contou coa participación do director xeral de Turespaña, Miguel Sanz, Xosé Merelles puxo en valor o conxunto de actuacións coordinadas en 2024 pola Comunidade galega que contribuíron a unha maior proxección internacional e consolidación da marca España Verde.

As comunidades galega e cántabra xunto con Asturias e Euskadi conforman este destino que segundo apuntou o director de Turismo de Galicia “está cada vez mellor situada nas preferencias dos turistas que elixen o norte como un destino peculiar e paradigmático”.

Así, salientou que segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, foron 19,8 millóns de visitantes os que se decantaron por algún dos destinos integrados na ‘España Verde’ durante 2004, o que se traduce nun incremento do 16% de visitantes con respecto a 2023.

Neste sentido, Xosé Merelles destacou a internacionalización da marca con visitantes chegados de Europa, Reino Unido e Estados Unidos atraídos pola paisaxe, o litoral, a gastronomía, o patrimonio natural e arquitectónico e as xentes do norte de España, todos eles atractivos que “outorgan identidade ao destino”.

Axenda Fitur 2025

O traspaso da coordinación da ‘España Verde’ foi un dos actos enmarcados na programación da comunidade galega en Fitur. Neste primeiro día dirixido ao sector profesional, o director de Turismo de Galicia tamén participou nas presentacións de destino e campañas turísticas das deputacións provinciais de A Coruña e Ourense, do Xeodestino As Mariñas. Reserva da Biosferra das Mariñas Coruñesas e tamén de novas ferramentas de utilidade para o sector por parte do Cluster de Turismo de Galicia.

Pola tarde, o director de Turismo de Galicia asistiu ás presentacións da Asociación Camiño do Solpor, de Galicia como destino da World Surf League e da Traslatio virtual e audiovisual’ da Fundación Ruta Xacobeo do Mar de Arousa e Ulla.

Relacionadas

O conselleiro de Ciencia loa o traballo en beneficio da sociedade das sete investigadoras...

0
Román Rodríguez considera “fundamental a I+D+i na mellora da calidade de vida” e compromete o labor da Xunta para consolidar Galicia como referente nesta...

A Xunta abre unha nova convocatoria de 250 bolsas BEME de Máster en Galicia para a mocidade galegta residente no exterior

0
A XUNTA ABRE UNHA NOVA CONVOCATORIA DE 250 BOLSAS BEME DE MÁSTER EN GALICIA PARA A MOCIDADE GALEGA RESIDENTE NO EXTERIOR O secretario xeral de...

Román Rodríguez compromete o apoio á calidade das universidades públicas con iniciativas como o primeiro selo de...

0
— Hoxe reciben esta distinción os graos en Enxeñaría Informática e en Fisioterapia da Universidade da Coruña, que obterán un financiamento extra da Xunta...

Ángeles Vázquez anima ao alumnado de Secundaria a participar no concurso #ParqueVibras e promocionar...

0
Ángeles Vázquez salienta a importancia de concienciar á mocidade no coidado da riqueza ambiental e da biodiversidade da ComunidadeOs interesados poden enviar as súas...

A Xunta destina 3,5M€ ao apoio aos concellos coa orde de axudas para a...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou Malpica de Bergantiños para comprobar as obras realizadas no marco desta medida, que impulsou en...

A Xunta prorroga o convenio coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre para a...

0
— Segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia o Goberno galego realizará unha achega económica anual de case 285.000 euros para financiar a...

Publicacións Relacionadas