Home Xunta de Galicia Galicia consolida a internacionalización do destino e roza os 7 millóns de...

Galicia consolida a internacionalización do destino e roza os 7 millóns de viaxeiros nos primeiros 11 meses de 2024

- Anuncio -
  • O turismo internacional continúa medrando consolidando un peso do 31% e superando por primeira vez os 4 millóns de noites
  • Os datos do INE feitos públicos hoxe confirman a desestacionalización con incrementos na demanda nos meses de febreiro (+3,8%), marzo (+26,4% por efecto Semana Santa), maio (+11,1%), setembro (+1,6%) e novembro (+12,2%).
  • Ata novembro, a rendibilidade económica hoteleira medrou un 7,1% acadando uns ingresos de máis de 413M€

Galicia segue a recoller os esforzos das políticas realizadas no eido da internacionalización do destino turístico. Así o referendan os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) feitos públicos hoxe que destacan os 6.989.140 viaxeiros aloxados entre xaneiro e novembro de 2024 en aloxamentos turísticos facendo ao mesmo tempo, 13.086.060 noites. Nos dous casos, rexístranse incrementos do 1,9% no primeiro indicador e 1,1% no de segundo con respecto aos valores rexistrados no mesmo período de 2023.

A nivel de mercados, o internacional absorbe o 31% do total da demanda mentres que o 69% corresponde a turismo de ámbito nacional. No que atinxe á demanda, o internacional presenta un mellor comportamento cun crecemento do 4,4% rexistrando 4 millóns de noites en aloxamentos galegos, máximo da serie histórica deste período de 11 meses.

En canto a número de noites, o nivel alcanzado nos 11 primeiros meses do ano supón 136.000 novas noites con respecto a 2023, superando por primeira vez a barreira dos 13M de noites neste período.

Segundo os datos estatísticos, afiánzase tamén a desestacionalización con incrementos da demanda turística en meses como febreiro (+3,8%), marzo (+26,4% por efecto Semana Santa), maio (+11,1%), setembro (+1,6%) e novembro (+12,2%).

No que se refire á distribución da demanda entre xaneiro e novembro, o 72% corresponde ao segmento hoteleiro (58% en hoteis e 14% en pensións) o 28% no extrahoteleiro (10,5% en albergues; 9,3% en cámpings; 5,7% en apartamentos turísticos e 3% en turismo rural).

Continúa a tendencia de crecemento rexistrada nos últimos meses con respecto ao mesmo período de 2023 nalgunhas das modalidades de aloxamento. Así, o turismo rural está a medrar un 3% en número de viaxeiros e un 1,4% en noites grazas, en boa medida, ao bo comportamento do turismo internacional nesta modalidade de aloxamento, na que a demanda do turismo internacional nas casas rurais medra un 21,4%.

Datos de novembro

No que se refire estritamente aos valores rexistrados no mes de novembro, 347.208 viaxeiros aloxáronse na totalidade de establecementos de Galicia, o que supón un incremento do 12,3% con respecto ao mesmo mes do ano pasado, e fixeron 643.615 noites, acadando tamén un incremento histórico do 12,2% neste mes.

Do total de viaxeiros aloxados, o 87% fixérono no segmento hoteleiro, que se distribuíron a razón do 73% en hoteis e o 14% en pensións. O 17% restante aloxáronse en establecementos extrahoteleiros (6% en apartamentos turísticos, 1% en cámpings, 2% en turismo rural e 4% en albergues).

A nivel de mercados, aprécianse incrementos en canto a demanda de ámbito nacional (12% o interno dos residentes en Galicia e 7% o que procedía do resto do estado) e tamén da internacional que medrou o 24%.

Rendibilidade hoteleira

Estas cifras repercutiron no incremento dos niveis de rendibilidade hoteleira nos once primeiros meses do ano, que sobe un 7,1% cuns uns ingresos totais nominais estimados en máis de 413M€ de euros neste período. Estas cifras superan aos niveis previos á pandemia (2019) e marca a cifra más elevada na serie histórica.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña

0
― Cómpre lembrar que se mantén desde esta tarde o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e en Pontevedra ―...

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

O Servizo Galego de Saúde destina máis de 3,7 M€ a realizar máis de...

0
 Fabricáronse 1.500 doses de radiofármacos extra e fixéronse 4.100 informes adicionais das unidades móbiles de resonancias magnéticas  A sanidade pública dispón así de...

A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de renovación do firme en 5...

0
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo,...

A Xunta autoriza 114 prazas para novos profesores axudantes doutores en todas as ramas...

0
Por áreas, 52 prazas son para Ciencias Sociais e Xurídicas, 25 para Enxeñaría e Arquitectura, 19 para Ciencias da Saúde, 9 para Artes e...

Un total de 36 centros educativos intercambian boas prácticas docentes na fase autonómica do...

0
A Xunta impulsa desde hai dez cursos esta iniciativa baseada na observación do traballo na aula que permite as docentes coñecer outras realidades e...

Publicacións Relacionadas