Home Xunta de Galicia Galicia e as Rexións Europeas debaten sobre o impacto da futura ampliación...

Galicia e as Rexións Europeas debaten sobre o impacto da futura ampliación da ue na política rexional

- Anuncio -

— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no último encontro da comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións, celebrado na capital de Lituania

— Durante esta reunión anual fóra de sede, os membros tamén abordaron a importancia das relacións da UE con África e sobre o papel que teñen nestas os entes rexionais e locais

— Un intercambio de puntos de vista sobre o cambio de ciclo da UE tras as últimas eleccións europeas completou a axenda da xornada

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no encontro da comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións (CdR) que se celebrou hoxe en Vilna, na capital de Lituania. Entre os tres debates que tiveron lugar nesta xornada, destacou o relativo á dimensión rexional e local da futura ampliación da Unión Europea, centrado particularmente no seu impacto no futuro da política de cohesión.

O intercambio de puntos de vista entre as rexións europeas a este respecto estivo enmarcado no actual cambio de ciclo institucional, xa que será tras o inicio do novo mandato das institucións europeas cando teña lugar a revisión das políticas previas á ampliación. Neste contexto, o CdR traballa nun estudo sobre a preparación da ampliación dende unha perspectiva territorial. Ademais, os seus membros avogan pola intensificación da actividade dos comités consultivos mixtos existentes e pola creación doutros novos para Ucraína, Moldavia e Albania.

Na reunión abordouse tamén o papel das rexións e municipios na estratexia da Unión Europea para África, posta en marcha en 2020 co obxectivo de forxar unha asociación entre os dous continentes equilibrada e baseada no beneficio mutuo e nos valores comúns. Durante o debate sobre un documento de traballo previo a un ditame de propia iniciativa, os membros da CIVEX reivindicaron unha maior implicación das autoridades subnacionais no desenvolvemento daquelas prioridades da Asociación África-UE cun impacto territorial.

Tal e como sinalou o director xeral e como se recolle na Estratexia Galega de Acción Exterior, Galicia ten a súa propia folla de ruta para as relacións co continente africano, particularmente coa África lusófona e Guinea Ecuatorial en eidos como a pesca.

Galicia nas comisións CIVEX e NAT do CdR

No actual mandato 2020-2025 do Comité Europeo das Rexións, Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). Esta última elabora ditames en materia de seguridade, liberdade, xustiza, política migratoria e cidadanía, canalizando así a voz das rexións e municipios europeos para o reforzo da democracia europea.

Ademais da futura ampliación da UE e das relacións UE-África, na reunión tamén foron obxecto de debate os resultados das eleccións europeas celebradas o pasado xuño.

Relacionadas

As Asociacións de entidades da economía social poderá solicitar desde mañá as axudas da...

0
O DOG publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas, dotada con 330.000 € para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de...

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia oferta 107 prazas para realizar visitas...

0
— A través do programa ‘Descubrindo o Parque Nacional’, a Xunta ofrece seis rutas de temática histórica e ambiental durante os meses de febreiro,...

A Xunta formou o ano pasado máis de 6.000 efectivos das forzas e corpos...

0
— A actividade realizouse a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), que se encargou tamén do proceso de selección de policías locais...

Rueda pon en valor a capacidade de Galicia de ter empresas competitivas en calquera...

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor a puxanza do tecido económico de Valga e reflexionou sobre a capacidade que ten...

Belén do Campo anima aos negocios e das empresas do sector servizos a solicitar...

0
— Esta farmacia foi beneficiaria do Bono Enerxía Peme, o ano pasado, o que lles permitiu instalar equipos de climatización e luminarias led — A...

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza e roza nas marxes...

0
― Proseguirán as tarefas en distintas vías de titularidade da Xunta nos seus percorrido polos municipios de Cedeira, Cerdido, Valdoviño, Ordes, Ribadavia, Ourense, Moaña...

Publicacións Relacionadas