- O director de Turismo de Galicia e o director da Xunta de Turismo de Xordania asinaron un memorandos de entendemento para favorecer o intercambio de culturas entre os dous pobos
- Na segunda xornada de Fitur 2025, sucedéronse as presentacións de destino, produtos e atractivos turísticos e varios Camiños de Santiago
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director xeral da Xunta de Turismo de Xordania, Abdulrazzaq Al Arbiyat, asinaron esta mañá un memorando de entendemento co fin de establecer alianzas estratéxicas na promoción dos Camiños de Santiago e de Exeria. Os dous asinantes recoñecen así a súa vontade de establecer liñas de colaboración conxunta que favorezan o intercambio de coñecemento e de cultura entre os pobos a través dun fenómeno como á peregrinación.
Para iso, desenvolveranse itinerarios culturais que recollerán aspectos históricos, a dimensión espiritual, a mellora do coñecemento entre as sociedades, a sostibilidade e o intercambio de coñecemento que supón a experiencia dos dous itinerarios de peregrinación.
O director de Turismo de Galicia salientou que a comunidade galega e o país xordano teñen na figura de Exeria, a primeira muller peregrina, un nexo común, cando na súa peregrinación Terra Santa visitou o Monte Nebo e o río Xordán.
Xosé Merelles amosouse convencido de que a sinatura deste memorando será o comezo dunha relación moi frutífera que incluirá o deseño de accións de fomento das dúas culturas e a proxección dos dous itinerarios de peregrinación.
Segunda xornada Fitur 2025
A sinatura desta alianza tivo lugar no stand de Galicia en Fitur, onde por segundo día, se sucederon presentacións de destino por parte de administracións e entidades. O director de Turismo de Galicia participou nas presentacións de varios itinerarios xacobeos coma o Camiño Portugués da Costa, o Camiño Francés ou o Fisterra-Muxía; atractivos coma os Penedos da Costa da Morte, a media maratón Entre Rías ou o termalismo; destinos coma Barbanza Arousa, Rías Baixas, a cidade de Santiago de Compostela e finalmente, valores da gastronomía galega coma os viños de Valdeorras,