Home Xunta de Galicia Galicia pecha a súa presenza en FITUR con dúas propostas para continuar...

Galicia pecha a súa presenza en FITUR con dúas propostas para continuar avanzando en desestacionalización do destino

- Anuncio -

Galicia puxo fin ás xornadas de presentación de destino de Fitur 2025 dirixidas ao sector profesional do ámbito turístico con dúas propostas que permiten afianzar a estratexia de desestacionalización. O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas foi o encargado de promover o turismo termal e o director de Turismo, Xosé Merelles, presentou o produto ‘Trens Turísticos’, promovido con Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde).

Durante a presentación de ‘Termalismo en Galicia, Auga para os sentidos’, Anotonio Casas salientou que Galicia é o segundo lugar de Europa con maiores reservas de augas mineromedicinais, o que deu lugar a que a comunidade conte con máis de 20 balnearios, o que supón o 20% da oferta termal de toda España.

Neste sentido, presentou unha guía que recolle a oferta de hoteis balneario, talasos e balnearios sen aloxamento. En total, 24 establecementos localizados na provincia da Coruña (2 balnearios); Lugo (4 balnearios e 1 talaso); Ourense (6 balnearios) e Pontevedra (8 balnearios e 3 talasos). Ademais, nunha aposta pola dixitalización do destino, a APP Galicia Termal inclúe esta oferta xunto con outra información de utilidade para o visitante.

Trens turísticos

Finalmente, o director de Turismo de Galicia presentou o produto turístico ‘Trens Turísticos’, un programa que aposta pola mobilidade segura, a sostibilidade e a calidade. O visitante, ademais de percorrer a Comunidade, pode gozar de propostas do destino galego como a cultura da camelia, os faros da costa galega, a viticultura, a gastronomía ou o rico patrimonio natural e arquitectónico de Galicia. O programa arranca este ano cun total de 2.530 prazas repartidas en 33 saídas, que se desenvolverán entre marzo e outubro.

Tanto a oferta de turismo termal coma os Trens Turísticos son dúas propostas coas que a Axencia de Turismo de Galicia quere seguir afondando na súa estratexia de desestacionalización do destino.

Galicia continúa amosando a súa oferta turística en Fitur pero será xa cunha programación dirixida a público en xeral na que non faltan obradoiros artesáns, degustacións gastronómicas e actuacións musicais, entre outras.

Relacionadas

A Xunta activa na madrugada do domingo a alerta vermella no litoral costeiro da...

0
― Desde esta madrugada estará activa a alerta laranxa en toda a costa galega por temporal costeiro, así como en zonas da Coruña e...

Portos de Galicia autoriza ao Concello de Cambados a substitución de árbores na alameda...

0
A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, vén de remitir ao Concello de Cambados sendas autorizacións administrativas para actuacións de carácter...

A Xunta alleou 27 lotes de madeira por un millón de euros nunha poxa...

0
Os importes acadados manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas en anteriores ocasións, sendo previsible que continúen nestes niveis dado que está...

Lorenzana destaca o apoio da Xunta para reducir a factura eléctrica dos negocios e...

0
— A conselleira explica que foi beneficiaria do Bono Enerxía Peme o ano pasado e que “é un exemplo da implicación das nosas pemes...

A Xunta destaca a Susi Gesto como exemplo paradigmático de remuda xeracional no sector artesanal e de innovación na ourivería tradicional

0
― Adherida ao selo Artesanía de Galicia, a artesá combina tradición e contemporaneidade ao actualizar deseños clásicos como os sapos e incorporar materiais innovadores,...

A Xunta destinará 3,27 M€ ás obras para reducir nun 62% o consumo enerxético...

0
— Cun prazo de execución dun ano, Ángeles Vázquez explica que a intervención se centrará na renovación da envolvente térmica e na optimización da...

Publicacións Relacionadas