HomeXunta de GaliciaGalicia prosegue co despregamento da enerxía solar fotovoltaica co proxecto Raiola Future,...

Galicia prosegue co despregamento da enerxía solar fotovoltaica co proxecto Raiola Future, a maior instalación destas características na comunidade

- Anuncio -spot_img

— A empresa acometeu a ampliación da planta ata acadar os 2MW de potencia


— Conde avanza que Galicia dispón de 17M€ nos orzamentos do vindeiro ano para proxectos de autoconsumo e almacenamento

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, constatou esta mañá que Galicia prosegue co despregamento da enerxía solar fotovoltaica coa visita que realizou á planta de Raiola Future en Vilardevós (Ourense), a maior instalación destas características na Comunidade.

A compañía vén de acometer a ampliación da planta neste concello ourensán – é o que posúe o promedio anual máis alto de horas de luz solar en toda a provincia- para acadar os 2MW de potencia. Actualmente Galicia conta cunha potencia instalada de solar fotovoltaica de 18MW a través de 702 instalacións, das que 11 están en Ourense. En 2021 a enerxía fotovoltaica xerou un 3,7% máis que en 2020.

Conde puxo en valor a aposta que se está a realizar desde Galicia tanto polas enerxías renovables como pola diversidade tecnolóxica e lembrou que a Axenda Enerxética de Galicia ten como reto triplicar a potencia instalada actualmente de enerxía fotovoltaica.

Para logralo, seguiranse promovendo proxectos como o de Raiola Future, pero tamén a través do impulso do autoconsumo. Así, estase a apoiar a primeira comunidade enerxética empresarial en Galicia no polígono de San Cibrao das Viñas. Ademais, tal e como avanzou Conde, a Xunta destinará 17M€ nos orzamentos do vindeiro ano a proxectos de autoconsumo e almacenamento. Neste sentido, xa hai 4000 instalacións rexistrada.

Publicacións Relacionadas