Home Xunta de Galicia Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

- Anuncio -
  • O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graos
  • A precipitación media acumulada foi un 8% inferior ao valor climático normal

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal no que respecta ás precipitacións, segundo o avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia.

Neste sentido, este mes quedou dividido, desde o punto de vista meteorolóxico, en tres partes diferenciadas. A principios e finais de abril a inestabilidade e as borrascas, xunto co aire frío, foron as características máis salientables, pero na etapa intermedia identifícanse dúas semanas nas que o anticiclón situado ao norte deixou tempo seco e soleado así como a achega de aire cálido do sur.

Esa duradeira situación de aire tan cálido a mediados de mes fai que a temperatura media estea moi por riba do valor climático dun mes de abril. Ademais, as etapas de tempo seco compensaron os períodos húmidos polo que os acumulados de precipitacións se atopan, en xeral, dentro do agardado para este mes.

Nese senso, no que atinxe ás temperaturas, a anomalía media da temperatura para este mes, obtida a partir dos datos rexistrados en 11 estacións meteorolóxicas representativas, foi 1,9 graos superior ao valor normal climatolóxico, o que fai que abril poida considerarse como moi cálido.

Máis polo miúdo, o valor medio da temperatura máxima foi de 17,8 graos e no caso da mínima foi de 6,8 graos. Os índices máis altos –entre 21 e 22,3 graos- rexistráronse nas ribeiras do río Miño ao seu paso pola provincia de Ourense. Os valores máis baixos -entre 3 e 4,2 grados- foron nas zonas montañosas ourensás.

No caso das precipitacións, cómpre subliñar que estiveron, en xeral, dentro do rango de valores climatolóxicos normais para un mes de abril. Así, a precipitación media acumulada foi de 118 l/m2, un 8% inferior ao valor climático normal.

En canto á distribución das chuvias, os valores máis altos concentráronse nas áreas do oeste e sudoeste da provincia da Coruña -entre 200 e 300 l/m2– mentres que os máis baixos -entre 30 e 70 l/m2–  se rexistraron no extremo leste de Ourense.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas