Home O Salnés A Illa de Arousa Lete destaca o gran nivel deportivo do Salnés na súa visita ao...

Lete destaca o gran nivel deportivo do Salnés na súa visita ao Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo e ao Club de Piragüismo Illa de Arousa

- Anuncio -

_O CCD conta con 246 licenzas e en 2019 foi declarado como entidade de utilidade pública. No ano 2021 recibiu unha axuda de máis de 11.500 euros da Secretaría Xeral

_O Club de Pirgaüismo conta cun centenar de licenzas e recibiu máis de 16.500 euros en 2021

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa visitou na mañá de hoxe as instalacións de dous clubs deportivos galegos de alto nivel como o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo e o Club Piragüismo Illa de Arousa dos que destacou “o seu grande nivel e a contribución que realizan na oferta deportiva aos cidadáns e cidadás de todas as idades do Salnés”.

En primeiro lugar, Lete Lasa, acompañado do concelleiro de Servizos Sociais, Deporte e Xuventude, Daniel Arosa, dirixiuse ao Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo para coñecer de primeira man a actividade que realizan, así como as súas necesidades de cara a buscar novas vías de colaboración. Cómpre salientar que o CCD recibiu en 2021 un total de máis de 8.500 euros (8.685,56) da Secretaría Xeral para o Deporte en diversas liñas de axudas como as de actividade ordinaria, recursos contra a Covid e reactivación a través dos Fondos de Consenso. Ademais, a Xunta de Galica patrocinia o Torneo Internacional de Tenis do CCD cunha achega duns 3.000 euros.

O CCD Sanxenxo conta actualmente con 246 licenzas deportivas (119 de pádel e 117 de tenis) e cómpre salientar que, no ano 2019, foi declarada como entidade de utilidade pública pola Xunta de Galicia.
Piragüismo Illa de Arousa

A continuación, Lete Lasa viaxou cara a Illa de Arousa onde visitou as novas instalacións do Club de Piragüismo e comprometeu o impulso da Xunta para seguir apoiando o desenvolvemento da actividade da entidade arousá. Neste sentido lembrou que, en 2021, o Club Piragüismo Illa de Arousa recibiu máis de 16.500 euros (16.666,93) da Secretaría Xeral para o Deporte en liñas de axudas de actividade, recursos contra a Covid, equipamento deportivo, reactivación a través dos Fondos de Consenso, así como numerosos patrocinios tanto para o equipo masculino e feminino a través do Plan de Patrocinio Publicitario para os Equipos de Alta Competición de Galicia da Fundación Deporte Galego.

O club de piragüismo conta cun centenar de licenzas deportivas cada ano e con padexeiros e padexeiras de gran nivel que contan con participacións e medallas en probas autonómicas, nacioanis e interncionais.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

Publicacións Relacionadas