Home Xunta de Galicia Lete Lasa anima aos 22 rapaces e rapazas que inician unha nova...

Lete Lasa anima aos 22 rapaces e rapazas que inician unha nova tempada co Froiz, “o mellor equipo da historia do ciclismo amateur español”

- Anuncio -

_Destaca algúns dos éxitos do Froiz na tempada 2024, como a medalla de bronce da selección española no Team Relay do Campionato de Europa de Ciclocrós celebrado en Pontevedra e á que contribuíron Miguel Rodríguez e Aroa Otero

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación da tempada 2025 do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, apadriñada polo gañador de dúas Vueltas a España e un Tour de Francia, Perico Delgado. O mandatario galego, asegurou que o seu exemplo é o mellor para inspirar aos 22 rapaces e rapazas que “seguirán escribindo a historia dourada do Froiz, considerado como o mellor equipo da historia do ciclismo amateur español”.

No acto de presentación tamén estivo o director de La Vuelta a España, Javier Guillén, que presentou a décimo sexta etapa da ronda española de 2025 que unirá Poio e o Mosteiro Castro de Herville sendo unha das tres etapas galegas do circuíto. Lete Lasa amosou a súa satisfacción polo “enorme protagonismo” que está a ter Galicia na Vuelta nos últimos anos e uniu esta relevancia co bo momento que atravesa o ciclismo galego. Neste sentido, o destacou algúns dos éxitos do Froiz na tempada 2024, como a medalla de bronce da selección española no Team Relay do Campionato de Europa de Ciclocrós celebrado en Pontevedra e á que contribuíron Miguel Rodríguez e Aroa Otero.

Lete Lasa lembrou a Magín Froiz, fundador do equipo ciclista xunto a Evaristo Portela, tristemente falecido en 2022 e asegurou que “onde queira que estea, estará contento de ver como os seus corredores lle seguen rendido homenaxe enriba da bicicleta”. O responsable do Deporte galego tamén comprometeu o apoio da Xunta neste novo curso como xa vén facendo dende 2009, con achegas de preto de medio millón de euros.

Relacionadas

A Xunta asina 62 convenios con asociacións de pesca continental e salienta o seu...

0
Os acordos buscan promover labores de conservación e limpeza dos ríos na súa área de influencia e impulsar tamén a remuda xeracional nesta práctica...

López Campos salienta a importancia de impulsar o galego nas propostas de lecer para...

0
Fai fincapé na relevancia de accións que fagan incrementar o uso do noso idioma nos espazos sociais, presenciais e dixitais, onde as novas xeracións...

A Xunta convoca cursos de formación continua para persoal das agrupacións de Protección Civil

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as accións formativas, que suman preto de 400 prazas e se impartirán a través da Academia Galega...

Ángeles Vázquez anima á cidadanía a elaborar os seus propios disfraces para reducir a...

0
Avoga por recuperar o carnaval máis tradicional onde os disfraces se facían con materiais que tiñamos pola casa, tal e como seguen facendo os...

A Xunta celebra que un científico de prestixio mudial como Ángel Carracedo se achegue...

0
— O conselleiro de Educación recibe ao experto en medicina xenética no CIFP Ánxel Casal da Coruña, onde visita os laboratorios do centro e...

A Xunta renova o convenio de colaboración cos colexios de graduados sociais de...

0
A iniciativa, que se vén desenvolvendo desde 2021, busca resolver dúbidas e achegar información e asesoramento personalizado en materia de relacións laboraisO servizo seguirá...

Publicacións Relacionadas