Home Pontevedra O Salnés Lete Lasa destaca a "Forza e a Inmortalidade" do automobilismo galego na...

Lete Lasa destaca a “Forza e a Inmortalidade” do automobilismo galego na presentación do II Rallymix concello de Ribadumia

- Anuncio -

LETE LASA DESTACA A “FORZA E A INMORTALIDADE” DO AUTOMOBILISMO GALEGO NA PRESENTACIÓN DO II RALLYMIX CONCELLO DE RIBADUMIA

_A Secretaría Xeral para o Deporte ven financiando todos os rallyes do calendario galego nas distintas modalidades (asfalto, montaña e rallymix), cunha achega de 125.500 euros do total de 167.000 euros destinados á federación no 2022 (un 1,5% máis que en 2021), destinando 2.500 euros a cada proba do campionato galego de rallymix

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acudiu este xoves á presentación da segunda edición do Rallymix de Ribadumia que terá lugar os próximos días 23 e 24 de xullo. Este ano a competición automobilística fai homenaxe ao habitual do Campionato de Galicia de Rallymix, falecido recentemente, Esteban “Epi” Pérez.

O mandatario galego encomiou nas súas verbas a labor de históricos coma Estanislao Reverter ou Santiago Ares para a apertura do camiño nesta disciplina en Galicia e a súa consolidación, dando así os seus froitos en forma de pilotos de elite, futuras promesas, e grandes eventos deportivos a nivel nacional e internacional na nosa terra.

Durante o seu discurso, o mandatario galego fixo alusión á relación que o viño, produto típico da terra, e a disciplina automobilística gardan, e á cal dende a propia organización do evento fan alusión nos carteis da proba deportiva e que representa a fereza, misterio ou a inmortalidade, valores representativos tamén da disciplina de rallymix.

A Secretaría Xeral para o Deporte ven financiando todos os rallyes do calendario galego nas distintas modalidades (asfalto, montaña e rallymix), cunha achega de 125.500 euros do total de 167.000 euros destinados á federación no 2022 (un 1,5% máis que en 2021), destinando 2.500 euros a cada proba do campionato galego de rallymix.

O responsable de Deporte felicitou á escudaría Desguaces Tino Racing e Charlie Romeo e ós patrocinadores pola organización do II Rallymix Concello de Ribadumia, que por segundo ano consecutivo atópase incluído dentro do Campionato de Galicia de Rallymix. O trazado único da competición non será revelado ata poucos días antes da data de celebración do evento, como ven sendo habitual nesta disciplina, para evitar que os pilotos participantes adestren con anterioridade.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

Publicacións Relacionadas