Home Vigo Baiona Lete Lasa destaca a Galicia como "potencia nacional, continental, mundial e mesmo...

Lete Lasa destaca a Galicia como “potencia nacional, continental, mundial e mesmo universal” da motonáutica

- Anuncio -

_Na recepción aos pilotos, comisarios, xuíces, patrocinadores e colaboradores do Campionato de España, de Europa e do Mundo de Endurance que terán lugar esta fin de semana en Baiona

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na recepción aos pilotos, comisarios, xuíces, patrocinadores e colaboradores do Campionato de España, de Europa e do Mundo de Endurance (lanchas rápidas) que terán lugar esta fin de semana en Baiona e que estrearán as novas categorías Promotion 150 (B), Boat Production 300 (B) e Sport 450 (S). Nas súas verbas, o mandatario galego destacou a Galicia como “potencia nacional, continental, mundial e mesmo universal” da motonáutica.

Proba disto, dixo, é a calidade dos nosos deportistas como Keko Pereira, José e Yeray Lorenzo, que xa saben o que é ser campións do Mundo; pero tamén o traballo na organización de eventos nacionais e internacionais de destacada relevancia como as probas do Europeo de Endurance de 2017 no Marisquiño ou o do 2019 en Sanxenxo; ou o traballo en pro do deporte adaptado e feminino ou a defensa e coidado do medio ambiente. Neste sentido, Lete Lasa tamén lembrou a consecución do título de Real por parte da Federación Galega de Motonáutica no pasado decembro de 2020.

Para José Ramón Lete, que a Unión Internacional de Motonáutica, con sede en Mónaco, elixa a Galicia e a Baiona como o lugar no que se celebrará unha das dúas probas do Campionato de Europa -a outra celébrase en Rávena (Italia)- e unha das tres probas do Campionato do Mundo -ademais das celebradas en Rodi Gargánico (Italia) e a que se celebrará en Benalmádena- é a mostra definitiva do “dominio internacional da motonáutica galega” e que no deporte galego “estanse a facer as cousas ben”.

Relacionadas

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Xunta lamenta que o Partido Socialista Pretenda incumprir a Lei de Costas Estatal...

0
— O conselleiro Román Rodríguez subliña que construír un pavillón neste centro non é unha cuestión de “vontade política” senón de “legalidade” urbanística — Lembra...

A Oficina Móbil do Retorno da Xunta de Galicia chega a Ponteareas para asesorar...

0
• A iniciativa ofrece unha atención personalizada para a integración das familias retornadas a Galicia • O obxectivo é axudar ás persoas a desenvolverse no...

Baiona aplaude a iniciativa da Deputación de Pontevedra para mellorar os espazos xuvenís na...

0
Nun encontro celebrado na localidade de Barosa, en Barro, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo deputado de Cultura, Reto Demográfico...

Luis López sinala a nova ponte de Fontenla, en Ponteareas, como un exemplo da...

0
O presidente provincial, acompañado pola alcaldesa e deputada de Turismo, Nava Castro, comprobou o remate dunha obra no que a Deputación investiu 50.000 euros “Obras...

Publicacións Relacionadas