HomeXunta de GaliciaLete Lasa felicita á Fundación Denis Suárez polo seu traballo desinteresado en...

Lete Lasa felicita á Fundación Denis Suárez polo seu traballo desinteresado en prol dun estilo de vida saudable e axudando aos máis cativos

- Anuncio -spot_img

_Destaca a importancia da base como demostra que máis da metade das 100.000 licenzas coas que conta o fútbol en Galicia sexan de rapaces de entre 6 e 16 anos inscritos no Programa Xogade da Xunta

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada territorial, Ana Ortiz, participou no serán de hoxe na II Gala Benéfica da Fundación Denis Suárez cuxos fondos destinaranse a ACEESCA, entidade sen ánimo de lucro dedicada a apoiar a persoas con discapacidade intelectual. O mandatario galego gabou esa filosofía da Fundación Denis Suárez, nacida en 2023, que procura “contribuír ao desenvolvemento integral da infancia e a mocidade, promovendo valores ligados a un estilo de vida saudable e inspirando e apoiando a moitos deportistas en Galicia”.

Neste sentido, Lete Lasa lembrou a importancia do apoio ás persoas con diversidade funcional e lembrou que a Xunta leva moitos anos impulsando o seu camiño a través do deporte como demostra que nas dúas últimas citas paralímpicas preto de nove de cada dez deportistas galegos quedasen clasificados entre os oito mellores do mundo.

O secretario xeral recoñeceu todo o traballo que realiza a Fundación a través dos seus diferentes campos de actuación: escola de fútbol, escola de tecnificación, actividades formativas ou eventos dirixidos na súa maioría a nenos e nenas e salientou a importancia da base, como demostra que máis da metade das 100.000 licenzas coas que conta o fútbol en Galicia sexan de rapaces de entre 6 e 16 anos inscritos no Programa Xogade da Xunta.

Lete Lasa aplaudiu a escolla dos catro recoñecidos no día de hoxe como Galegos Distinguidos por ser perfectos embaixadores dos principios do deporte e da vida activa: Iago Aspas, ao que definiu como un dos mellores futbolistas galegos da historia; David Amor; a Fundación García Chillón Orlando; e Gadis.

Publicacións Relacionadas