Home Xunta de Galicia Lete Lasa presume do nivel do motociclismo galegono Campionato de España de...

Lete Lasa presume do nivel do motociclismo galegono Campionato de España de Supermoto no que tomarán a saída 80 pilotos

- Anuncio -

Valora a importancia de que “días despois do éxito acadado polos pilotos galegos de motocrós Jorge Prado e Rubén Fernández en Indonesia, uns 30 nenos e nenas que soñan con chegar tan alto como os seus ídolos se suban a unha moto en Forcarei para ser campións de España”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou esta mañá no Circuíto da Madalena na presentación do Campionato de España de Supermoto que se celebrará esta fin de semana e que reunirá preto de 80 pilotos de toda a península, así como de Francia, Italia ou Brasil.

O mandatario galego destacou o feito de que “días despois do éxito acadado polos pilotos galegos de motocrós Jorge Prado e Rubén Fernández en Indonesia, uns 30 nenos e nenas que soñan con chegar tan alto como os seus ídolos se suban a unha moto en Forcarei para ser campións de España”. Dos 80 pilotos participantes, ao redor de medio centenar de máis de 15 anos participarán nas dúas categorías de adulto (terra e asfalto) e 30 rapaces e rapazas de 6 a 14 anos participarán noutras dúas categorías infantís.

Lete Lasa destacou o “incrible nivel do motociclismo de Galicia, con galegos e galegas triunfando por todo o planeta”, unha situación que é extensible a todos os deportes de motor, nos que Galicia tamén organiza algúns dos mellores eventos do mundo.

Mañá venres terán lugar os adestramentos libres, o sábado será xa a actividade oficial cos adestramentos cronometrados polo serán, e o domingo terán lugar as carreiras a partir das 10 da mañá. A Xunta de Galicia colabora co Moto Club VFM, patrocinador principal, na organización e financiamento do Campionato de España de Supermoto.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Semana Santa consolida a crecente mellora da rendibilidade hoteleira, que medrou un 15%...

0
Ademais, Galicia medrou por riba da media na súa demanda turística ese mes O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos...

A Xunta Reúnese Cos Axentes Sociais e Económicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para...

0
— Foi a primeira reunión técnica deste grupo de traballo, que entregará o traballo aos gobernos de España e Portugal antes do próximo Cumio...

Publicacións Relacionadas