HomeXunta de GaliciaLete Lasa recibe ao cangués Tomás Vieito, camión de España de windsurf...

Lete Lasa recibe ao cangués Tomás Vieito, camión de España de windsurf Iq-Foil e principal baza olímpica para Toquio e Paris

- Anuncio -spot_img

Esta aposta da Xunta enmárcase no pulo aos deportes minoritarios e aos deportes urbanos que están a experimentar en Galicia un crecemento importante

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu ao deportista cangués Tomás Vieito, campión de España de windsurf na modalidade IQ-Foil. Tomás Vieito é a principal baza olímpica do equipo nacional para os aprazados Xogos de Toquio 2020 e para París 2024.
O mandatario galego subliñou que é “todo un orgullo” que un deportista galego “sexa o
campión de España dunha modalidade tan de moda como o windsurf e que ademais,
certifica a posición de Galicia como referente nacional e internacional dos deportes náuticos”. “É un orgullo que deportistas como Tomás leven a bandeira de Galicia por todas
as augas do mundo e falen tan ben da calidade do noso deporte”.
Cómpre salientar que a Secretaría Xeral para o Deporte vén axudando a Tomás Vieito na
adquisición de material e demais gastos xerados da súa actividade deportiva pola que debe
desprazarse a distintos lugares do mundo para a realización das probas selectivas. Esta
aposta da Xunta enmárcase no pulo aos deportes minoritarios e aos deportes urbanos que
están a experimentar en Galicia un crecemento importante.

Publicacións Relacionadas