Home Xunta de Galicia Lete Lasa repasa os éxitos olímpicos e paralímpicos de Galicia e a...

Lete Lasa repasa os éxitos olímpicos e paralímpicos de Galicia e a xestión do alto nivel que realiza a Xunta na procura deses resultados

- Anuncio -

— Na lección inaugural do curso 2024/2025 da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, o secretario xeral falou dos 144 olímpicos galegos e dos 31 paralímpicos que acadaron 32 e 37 medallas, respectivamente

— O novo decreto do alto nivel de 2020 permitiu que hoxe Galicia conte con 1.335 deportistas recoñecidos, cando en 2009 eran apenas 300

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, impartiu na mañá de hoxe a lección inaugural do curso 2024/2025 da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física coa conferencia ‘Galicia nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos’. Alí, ante os alumnos matriculados neste novo curso, o mandatario galego enxalzou os resultados dos 46 deportistas galegos olímpicos e paralímpicos que competiron nos últimos Xogos de París e que tiveron unha excelente participación acadando 11 medallas e 25 diplomas para a delegación española. Neste sentido, Lete Lasa destacou a igualdade con que se conseguiron estes éxitos, xa que os olímpicos e acadaron 6 medallas e 14 diplomas e os paralímpicos, 5 medallas e 11 diplomas. Ademais, os 46 deportistas galegos que participaron nos Xogos, acadaron, por vez primeira, unha paridade exacta, sendo 23 homes e 23 mulleres, o que representa os grandes avances que se están a lograr no deporte feminino.

Na súa intervención, Lete Lasa fixo un repaso da historia olímpica e paralímpica galega dende os seus inicios. Neste sentido lembrou que 144 galegos e galegas (102 homes e 42 mulleres) participaron nuns Xogos Olímpicos en 217 ocasións acadando un total de sete ouros, 13 pratas, 12 bronces e 59 diplomas olímpicos. O secretario xeral destacou, ademais, os dez deportes con máis representación olímpica galega como atletismo (32), piragüismo (24), remo (17), fútbol (10), judo (8), natación (7), baloncesto (6), tríatlon (5), así como balonmán e tiro con arco (3). Dentro destes deportes destacou a preeminencia dos deportes náuticos e, sobre todo, do piragüismo con referentes como Teri Portela, a muller española con maior número de participacións olímpicas con sete, ou como David Cal, que ata estes Xogos era o deportista olímpico español máis laureado, con cinco medallas.

No caso dos paralímpicos, o secretario xeral apuntou que, dende Sidney 2000, 31 galegos e galegas (25 homes e 6 mulleres) participaron nuns Xogos Paralímpicos en 67 ocasións, acadando un botín de 11 ouros, 12 pratas, 14 bronces e 52 diplomas paralímpicos. Neste caso, Lete Lasa destacou figuras tan importantes como as de Chano Rodríguez, con 16 medallas paralímpicas, ou Susana Rodríguez Gacio, bicampioa paralímpica de tríatlon.

Lete Lasa destacou, asemade, o excelente rendemento das delegacións galegas olímpica e paralímpica xa que, nos dous últimos certames -Toquio e París- arredor do 70% dos olímpicos regresaron entre os oito mellores do mundo, mentres que os paralímpicos o fixeron nunha porcentaxe próxima ao 90%.

Uns resultados que contan cun gran apoio detrás
O secretario xeral para o Deporte fixo un repaso polas liñas de apoio que a Xunta dispón para o alto nivel e que repercuten directamente nos éxitos olímpicos e paralímpicos. Neste sentido, lembrou como no ano 2004, o Consello da Xunta aprobou o decreto 6/2004 polo que se regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes. Tamén no ano 2004, con motivo dos Xogos de Atenas, púxose en marcha o programa de axudas por acudir aos Xogos Olímpicos e Paralímpicos e, dende ese mesmo ano, igualouse a contía das bolsas olímpicas e paralímpicas, sendo unha comunidade pioneira en facelo.

Lete Lasa informou como os programas de axuda ao alto nivel foron mellorando ano tras ano, e fixo fincapé no novo decreto de alto nivel de setembro de 2020 que habilitou novas categorías de recoñecemento -ademais do alto nivel, o alto rendemento deportivo e o rendemento deportivo de base- e estendeuse aos técnicos, adestradores, xuíces e árbitros. Hoxe, apuntou, “son 1.335 deportistas recoñecidos no alto nivel, cando en 2009 eran apenas 300”.

Para a xestión do patrimonio deportivo galego de alto nivel, o secretario xeral resaltou a importancia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, berce da excelencia deportiva de Galicia, así como dos once Núcleos de Adestramento Deportivo Especializado. Non obstante, Lete Lasa informou da necesidade de ampliar o espazo e os servizos adicados ao alto nivel polo que lembrou a decisión de converter o CGTD nun centro integrado de alto rendemento e tecnificación para o que o centro medrará cara a zona de Cernadiñas Novas, un proxecto que xa conta con 500.000 euros no orzamento de 2025 para o seu arranque.

Relacionadas

A Xunta leva en maio á Coruña o concerto de Chayanne na súa estratexia...

0
Neste 2024, o Goberno autonómico impulsou tamén na cidade herculina os concertos de Emilia, Camilo, Robe e Luis Miguel e antes de que remate...

Belén do Campo clausura o obadoiro de emprego da Laracha no que se formaron...

0
 A delegada da Xunta participou na clausura do obradoiro de emprego dual organizado por Laracha e anunciou que este concello volverá a contar...

A Xunta lanzará unha app móbil que permitirá á cidadanía autovaliar as súas competencias...

0
― Trátase dunha das novas accións ás que o Goberno galego destinará 1M€ no 2025 para impulsar a ferramenta EMi e estará destinada sobre...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

A Xunta impulsa medidas pioneras para a retencion e a atracción de talento para...

0
— José González destaca a fortaleza, a perseveranza e o compromiso desta entidade ao longo do seu case medio século de traxectoria, poñéndoa en...

Xosé Merelles avoga pola producción científica ao redor do Camiño para seguir avivando a...

0
O director de Turismo de Galicia presentou o Codex Calixtinus de Salamanca. Estudios da Edición Facsimilar no que historiadores e filólogos galegos afondan nos...

Publicacións Relacionadas