Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Salnés Lete Lasa sinala que o Mundial Júnior de Vilagarcía reforzara a...

Lete Lasa sinala que o Mundial Júnior de Vilagarcía reforzara a a Galicia como referente internacional da vela tal e como fixo o Europeo de 2019

- Anuncio -

_Jacobo García, Jaime Wizner, Pablo Llorens, Estela Enríquez ou Claudia Sobral son “o presente e o futuro da nosa vela, que se miran no espello de grandes referentes como Támara Echegoyen que, en París, disputará os seus cuartos Xogos como abandeirada”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou esta mañá na presentación do Campionato do Mundo Júnior de vela das clases 49er, 49er FX e Nacra 17 que terá lugar do 14 ao 21 de xullo na Ría de Arousa. Alí, Lete Lasa lembrou o éxito do Europeo Júnior de 420 e 470 disputado en 2019 tamén en Vilagarcía e que rematou coa medalla de prata para Jacobo García e Toni Ripoll e a de bronce para Martín Wizner e Pedro Ameneiro. Nesta ocasión, o mandatario galego asegurou que o mundial “ratificará a Galicia como referente internacional da vela e ademais, como unha potencia no deporte de base”.

O secretario xeral destacou asemade a importancia de que as tres clases que compoñen este mundial sexan olímpicas, polo que os participantes na competición están chamados a ser os que loiten por participar nos Xogos Olímpicos de 2028. Neste sentido animou aos galegos e galegas que participarán neste mundial como son o propio Jacobo García que acompañará ao irmán de Martín Wizner, Jaime Wizner, así como Pablo Llorens, Estela Enríquez ou Claudia Sobral, que depende da recuperación dunha lesión. Todos eles, dixo, son “o presente e o futuro da nosa vela, que se miran no espello de grandes referentes como Támara Echegoyen que, en París, disputará os seus cuartos Xogos portando a bandeira de España na cerimonia de apertura”.

O Mundial Júnior contará con máis dun centenar de barcos e uns 300 deportistas de 25 países diferentes de todo o mundo como Australia, Nova Zelandia, Xapón, Hong Kong, Arxentina, Estados Unidos e gran parte de Europa. Lete Lasa destacou a importancia de que Vilagarcía e o Centro Galego de Vela, que conta con 75 regatistas galegos que adestran cada día no seu programa de tecnificación, sexan o “epicentro da vela mundial xa que é un gran recoñecemento a todo o traballo que se fai dende Galicia pola vela e serve aos nosos rapaces e rapazas para gañar unha gran experiencia de cara ao seu futuro”.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Xunta pon en valor o programa ‘Reencontros con Galicia’ para seguir reforzando os...

0
— Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

Publicacións Relacionadas