HomeA CoruñaLópez Campos agradece o labor da veciñanza de Frades como "fieis gradiáns...

López Campos agradece o labor da veciñanza de Frades como “fieis gradiáns da nosa historia e costumes”

- Anuncio -spot_img
  • O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na procesión e romaría popular dos Milagres de Requián, no municipio pontevedrés da Estrada
  • Destaca o compromiso do Goberno galego “en preservar e manter estas citas que non só forman parte do noso calendario festivo, senón tamén da nosa cultura” 

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na parroquia de Frades, no municipio da Estrada, da tradicional procesión e romaría dos Milagres de Requián. Esta tradición remóntase á construción da igrexa parroquial de Frades dedicada á Virxe da Piedade no século XVIII tras á que se converteu nun centro de oración para os peregrinos que camiñan cara a Compostela.

O titular de Cultura do Goberno galego, acompañado por veciños e veciñas, fixo fincapé na importancia de tradicións como os milagres de Requián “que nos recordan de onde vimos e o noso inmenso patrimonio cultural”, ademais de “crear comunidade e manter vivo o espírito da nosa cultura e identidade, nun lugar tan especial, rodeados de natureza”.

Neste senso, López Campos destacou o compromiso da Xunta de Galicia por “preservar e manter estas citas que non só forman parte do noso calendario festivo, senón tamén da nosa cultura” e aproveitou para “felicitar á veciñanza de Frades, verdadeiros protagonistas desta romería e fieis gardiáns da nosa historia e as nosas costumes”.

Publicacións Relacionadas