Home Xunta de Galicia López Campos agradece o papel das bibliotecas na promoción e difusión do...

López Campos agradece o papel das bibliotecas na promoción e difusión do libro e da lectura

- Anuncio -

— O acto, incluído na Xornada de Bibliotecas Públicas, celébrase coincidindo co Día das Librarías


— “O seu traballo, xunto co do comercio libreiro, é fundamental para achegar a cultura a todo o territorio e a todos os públicos”, salientou


— Nesta edición, os proxectos galardoados son os da biblioteca de Entrimo, na provincia de Ourense, e a de Oleiros, na de Coruña

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, fixo a entrega dos galardóns da sétima edición dos premios á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2024, onde agradeceu o papel das bibliotecas na promoción e difusión do libro e da lectura. Este acto, enmarcado na VI Xornada de Bibliotecas Públicas, tivo lugar na Cidade da Cultura, coincidindo coa celebración do Día das Librarías.


Neste senso, López Campos fixo fincapé na “implicación das bibliotecas na posta en marcha de iniciativas que impulsan a difusión do coñecemento” e tamén gabou “o seu traballo, xunto co dos establecementos de venta, porque é fundamental para achegar a cultura a todo o territorio e a todos os públicos”. Tal e como explicou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, o galardón ten como obxectivo impulsar e dar visibilidade ás propostas de carácter innovador e ás boas prácticas levadas a cabo polas entidades locais, valorando a súa orixinalidade.

No marco deste acto, o titular de Cultura destacou que se trata de recoñecer proxectos que “están previstos para satisfacer as necesidades das persoas usuarias a través da posta en marcha de actividades tanto de lecer como didácticas”. Así, sinalou que grazas a estas propostas, o Goberno galego mantén o seu compromiso coa promoción continua do libro e da creación literaria galega.

Os premios de Innovación Bibliotecaria recaeron nesta edición en centros da provincia de Ourense e da Coruña. Os proxectos aos que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude fixo a entrega do galardón foron a Biblioteca Pública Municipal Tomás Liberio de Entrimo, por Anímate a tecer, na categoría de entidades locais de ata 10.000 habitantes, e a Biblioteca Central de Rialeda de Oleiros, pola iniciativa Ler para saber: a ciencia, para concellos de máis de 10.000 habitantes.
A VI Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia, que se celebrou no Edificio CINC da Cidade da Cultura, baixo o título Conservar para nós. A conservación nas bibliotecas públicas, centrou a ollada nos aspectos referidos á recollida, elaboración e conservación dos diferentes materiais que constitúen a colección bibliográfica e documental dunha biblioteca.

Durante a xornada abordáronse diversos aspectos referidos á recollida, elaboración e conservación dos diferentes materiais que constitúen a colección bibliográfica e documental dunha biblioteca, especialmente do fondo patrimonial, o máis valioso das coleccións. Nestas charlas tamén se estudou o mantemento das condicións ambientais das salas onde se albergan os documentos e as pautas para o que os edificios se atopen en condicións óptimas, así como as posibles melloras para a súa situación. Para completar esta programación ten por obxectivo asegurar a permanencia ao longo do tempo dos documentos que conforman unha parte importante da cultura.

A Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia completa o seu programa pola tarde coa realización de tres obradoiros sobre boas prácticas na conservación preventiva, a resolución de emerxencias a través de elaboración de plans establecidos e outro sobre as obras de prevención, reparación e mellora.

Relacionadas

A Xunta recibe o premio ‘Personaje del Año’ polo seu labor de apoio á...

0
― O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, recolleu esta tarde en Madrid o galardón na categoría “Artesanía” outorgado polo semanario Fuera...

A Xunta impulsa a comercialización do sector artesanal galego favorecendo a súa presenza en...

0
— O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cos beneficiarios da orde de comercialización...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

López Campos salienta a importance  participación de Galicia en rutas culturais europeas que “Testemuña...

0
— O titular de Cultura da Xunta pon en valor os itinerarios galegos recoñecidos polo Consello de Europa, como o do Camiño de Santiago...

A Xunta avanza na consolidación dunha Rede Galicia de ‘Mercados Excelentes’ co apoio a...

0
— O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cos beneficiarios da orde para fomentar este...

A Xunta avanza no recoñecemento das empresas que destacan na aplicación das POLÍTICAS de...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho,...

Publicacións Relacionadas