Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia López Campos anuncia que a Xunta actuará nos xacementos da Illa de...

López Campos anuncia que a Xunta actuará nos xacementos da Illa de Tambo para a posta en valor do seu patrimonio

- Anuncio -

— O titular de Cultura do Goberno galego encadra esta intervención no compromiso da Administración autonómica coa conservación e protección dos bens culturais


— Lembra que está en marcha a campaña ‘Que siga contando a nosa historia’ para fomentar entre a sociedade a importancia de coidar o patrimonio, impulsar o coñecemento dos bens e incentivar boas prácticas e iniciativas de preservación

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia actuará nos xacementos da Illa de Tambo, pertencente ao concello pontevedrés de Poio, co obxecto de “recuperar e pór en valor o seu significativo patrimonio cultural”. Fíxoo durante a visita que realizou a este enclave natural, do que defendeu a súa “preservación e conservación” por parte da Administración galega.
No seu percorrido pola illa, aberta ao público de maneira controlada fai dous anos, López Campos fixo fincapé no “importante valor deste espazo único” e incidiu no compromiso do Goberno galego coa recuperación deste tipo de contornas, “que contan con importantes bens patrimoniais”.
Restos arqueolóxicos na Illa de Tambo
Precisamente, tirou proveito desta visita para adiantar que está prevista para o vindeiro ano 2025 levar a cabo unha serie de sondaxes nos restos arqueolóxicos de Tambo. Segundo precisou, o obxecto é “investigar sobre o xacemento e recompilar máis información”.

Ao respecto, lembrou que xa durante o pasado ano a Dirección Xeral de Patrimonio estivo a realizar escavacións. Nelas atoparon pezas e elementos patrimoniais que poderían corresponderse cunha posible capela, polo que o conselleiro incidiu en que” se seguirá a traballar para profundar no estudo e catalogación dos bens atopados nestes achados”.

Os restos arqueolóxicos visitados hoxe forman parte dun asentamento situado no monte central da illa. Consta dun recinto principal que ocupa a parte máis elevada, cunha planta circular e afloramentos de batolitos graníticos. Está defendido de forma natural e non se teñen atopado, ata o momento, restos de construción.

Campaña de sensibilización de coidado do patrimonio
O conselleiro enmarcou estas actuacións no compromiso da Administración autonómica co adecuación do castro. Nesta liña, tendeu a man para catalogar os bens patrimoniais que contén a illa e apuntou que se tramitará a súa declaración como Espazo Natural de Interese Local cando sexa presentada polo concello.

López Campos lembrou tamén a campaña Que siga contando a nosa historia, que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten en marcha para fomentar entre a sociedade a importancia de coidar o patrimonio, impulsar o coñecemento dos bens e incentivar boas prácticas e iniciativas de preservación.

López Campos fixo fincapé en que con este tipo de campañas preténdese reivindicar “o inmenso valor que ten na configuración da nosa historia e identidade para as xeracións actuais e futuras”. En concreto, referiuse aos obxectivos de “fomentar a concienciación da cidadanía; impulsar o coñecemento sobre estes bens; e incentivar as boas prácticas e iniciativas de preservación que permitan que un dos maiores tesouros de Galicia sexa legado ás xeracións vindeiras nas mellores condicións”.

Relacionadas

A Xunta inaugura en Ourense os encontros ‘Ultreia’ para impulsar o emprendemento e a...

0
— José González destacou que os encontros se levarán a cabo en colaboración coas confederacións empresariais provinciais e galega no marco do programa Ultreia...

Román Rodríguez destaca a aposta da Xunta polo rural e a prosimidade do ensino...

0
— O conselleiro de Educación comproba o resultado da obra, cun investimento de 3,3M€, grazas á que se puido implantar o Bacharelato neste concello,...

Ángeles Vázquez avanza que o Tribunal Europeo priorizará a súa decisión sobre a tramitación...

0
— A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático sinala que as resolucións do TXUE tardan unha media de 18 meses e celebra que...

O conselleiro de Educación anima a unha maior colaboración entre administracións para a rehabilitación...

0
— O conselleiro visita o Colexio CEIP Daría González García, que pon como exemplo de cooperación entre a Xunta, a Deputación e Pontevedra e...

A Xunta reúne ás entidades da Alianza Galega polo Clima no primeiro encontro de...

0
— Ángeles Vázquez subliña que cómpre un compromiso transversal, conxunto e coordinado das administracións e do tecido produtivo e social da Comunidade para conseguir...

Xosé merelles salienta a aposta da Xunta por facer uso da tecnoloxía para avanzar...

0
O director de Turismo de Galicia participou na presentación do proxecto ‘Camiño Francés: Camiño 360’ da Mancomunidade de Municipios do Camiño FrancésRecordou a aposta...

Publicacións Relacionadas