HomeXunta de GaliciaLópez Campos destaca a labor do persoal bibliotecario como "fonte de inspiración...

López Campos destaca a labor do persoal bibliotecario como “fonte de inspiración para toda a sociedade”

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou hoxe o “labor do persoal bibliotecario como fonte de inspiración para toda a sociedade”. Fíxoo na entrega de premios do certame Bibliotecas que inspiran, enmarcado na primeira xornada internacional de Bibliotecas públicas de Galicia e Norte de Portugal Máis alá da prescripción. Mediación, lectura e bibliotecas.

Neste senso, López Campos gabou “a entrega e paixón dos premiados para achegar a biblioteca a toda a veciñanza”. Así, o galardón ten como obxectivo impulsar e dar visibilidade ás propostas destes espazos que redunden nun mellor servizo á cidadanía e teñan un impacto positivo na comunidade, en liña cos obxectivos da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia. Neste senso, dase continuidade e esténdese o alcance do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, do que se levan convocado sete edicións entre os anos 2018 e 2024.

O proxecto Biblioverán 2023-2025 da Biblioteca Pública Municipal Luis Seoane do Concello de Soutomaior foi o premiado na categoría de entidades locais que conten cunha poboación de ata 10.000 habitantes. A proposta pretende facer da biblioteca un centro de desenvolvemento cultural para a comunidade en espazos abertos ao aire libre na época estival. A creación de lazos interxeracionais e a sustentabilidade son dous dos piares desta iniciativa da que o conselleiro remarcou “que é unha demostración de que as bibliotecas crean comunidade para seguir avanzando cara unha sociedade mellor”.

Paseos librescos foi o proxecto galardoado na categoría de entidades locais de máis de 10.000 habitantes presentado pola Biblioteca pública municipal A. Castelao do Concello de Betanzos. A iniciativa, que se estende a veciñanza e visitantes, pon en valor “o noso patrimonio histórico cultural, a importancia da lectura e de implicar á sociedade”, explicou López Campos.

Publicacións Relacionadas