test
Home Xunta de Galicia López Campos destaca o poder do audiovisual como ferramenta de expresión e...

López Campos destaca o poder do audiovisual como ferramenta de expresión e formación da mocidade

- Anuncio -

— Os cineastas Alejandro Tarraf, Carla Andrade e Fon Cortizo guiaron os filmes nos que participaron docentes e estudantes de centros de ensino de Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade e Cangas


— Os documentais ‘O zoar no ar’, ‘Migallas de tradición’ e ‘Na Memoria do muíño’ pasan a formar parte do fondo fílmico da cinemateca da Xunta


— Finalizan as actividades pedagóxicas 2023-2024 da Filmoteca, polas que pasaron un total de 3000 escolares e 165 docentes de 33 centros de ensino galegos

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu esta mañá na Filmoteca de Galicia, na Coruña, ao acto de estrea dos tres filmes documentais rodados polos 59 escolares de 5º e 6º de Primaria de tres centros de ensino galegos co que se clausura Cinema en Curso 2023-2024, o programa internacional de pedagoxía do audiovisual organizado pola asociación A Bao A Qu e coordinado en Galicia pola cinemateca da Xunta.

Na súa intervención, López Campos referiuse ao potencial do audiovisual, no que se sustenta Cinema en Curso, como ferramenta de expresión e formación da mocidade a través do coñecemento e da creación artística neste medio, xa que a través del se practica a capacidade de atención sobre a realidade, aspecto que incide en valores como o fomento da autonomía e da independencia individual, a cooperación e colaboración en equipo ou a a asunción de responsabilidades individuais e colectivas. “Cremos que o cinema é unha arte privilexiada para coñecer e descubrir o mundo”, afirmou o conselleiro, ao tempo que felicitou o alumnado participante por amosar as súas realidades máis cotiás a través do cine, en galego, e con tanto respecto cara aos temas abordados.

Cinema en Curso, iniciativa internacional que inclúe territorios de España, Chile, México, Colombia, Alemaña, Eslovenia, Lituania e Serbia, desenvolveu ao longo do ano académico diferentes obradoiros e filmacións a cargo dos CEIPs da Reigosa (Ponte Caldelas), A Rúa (Cangas) e Tenorio (Cerdedo-Cotobade), aos que se sumou o CEIP O Mosteirón (Sada). Nas sesións periódicas traballáronse diferentes aspectos da ficción e mais do documental, partindo dunha metodoloxía educativa fundamentada no vínculo entre ver cine e facer cine. En Galicia, participaron nesta edición un total de 789 estudantes e 13 docentes, ademais dos cineastas Alejandro Tarraf, Carla Andrade e Fon Cortizo, que titorizaron os traballos.

Tres documentais sobre a realidade próxima
Despois do acto de benvida, ao que tamén asistiron a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e mais o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, a Sala José Sellier iniciou a proxección de O zoar no ar, un retrato documental sobre Faustino, un apicultor que realiza todo o proceso de recollida do mel de xeito artesanal. O filme foi realizado por 14 estudantes do CEIP A Reigosa (Ponte Caldelas) co acompañamento do director de cine Alejandro Tarraf.

Migallas de tradición é o documental proposto desde o alumnado do CEIP de Tenorio, no municipio de Cerdedo-Cotobade. Acompañados pola cineasta Carla Andrade, 22 escolares descúbrennos o proceso de elaboración do pan artesanal na panadaría da vila.

A conservación da memoria do lugar é a temática de Na memoria do muíño, a película realizada por 23 estudantes do CEIP A Rúa, de Cangas, co acompañamento de Fon Cortizo. Nesta peza documental faise un retrato do último muiñeiro do Muíño de Fausto, na parroquia de Coiro, ao tempo que se recupera toda unha serie de tradicións e persoas vinculadas a preservar a memoria do lugar.

Tras as estreas de hoxe na Filmoteca de Galicia, as tres películas presentaranse este mes de xuño nos seus lugares de orixe: Na memoria do muíño o sábado 15 ás 17,00 h. no Auditorio Miunicipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas; O zoar no ar o martes 18 ás 20,00 horas na praia fluvial A Calzada de Ponte Caldelas; e Migallas de tradición o xoves 20 no Auditorio de Cerdedo-Cotobade. Ademais, esta última peza proxectarase antes en Tabakalera (Donosti). Será este luns, 17 de xuño, con presenza do alumnado. Posteriormente, estrearanse en liña no sitio web de Cinema en curso e no da Filmoteca de Galicia, ademais de pasar a formar parte del fondo fílmico da cinemateca.

Formación de novos públicos
Co obxectivo de formar novos públicos, a Filmoteca de Galicia desenvolve, ademais de Cinema en Curso, outros programas en colaboración cos centros educativos, como CineD, Novas Miradas (con sete títulos proxectados diante de 130 rapaces e rapazas de cinco colexios), ou Filmoteca Júnior, con 10 filmes exhibidos para 1.300 escolares de 12 centros.

Destaca tamén a actividade Fotografía en curso, na que se realizaron nove proxectos fotográficos en 12 centros educativos coa participación de case 700 alumnos e 43 docentes.

Todas estas iniciativas iniciativas pedagóxicas reuniron neste curso que finaliza preto de 3000 alumnos e alumnas e 165 docentes de 33 centros de ensino.

Relacionadas

Rueda eloxia as iniciativas turísticas que xeran riqueza e conseguen que Galicia siga estando...

0
Destaca o proxecto como un exemplo de turismo sustentable e de calidade A falta dos últimos datos completos de maio, os establecementos turísticos galegos...

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller...

0
_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16...

Rueda anuncia que hoxe se publica no DOG a orde de axudas de ata...

0
Galicia é a única comunidade autónoma que ofrece este tipo de axuda directaEste ano tamén se poderán beneficiar as persoas diagnosticadas de Esclerose Lateral...

Sogama propón actualizar o seu canon polo sobrecusto derivado das decisións estatais e a...

0
O Consello de Administración da empresa pública foi informado de que o importe medio a pagar en 2024 pola xestión dos residuos quedaría en...

Xosé Merelles pon en valor do Festival Espírito Ribeiro para diversificar o turismo en...

0
O director de Turismo de Galicia presenta o evento xunto o delegado da Xunta en Ourense que se celebrará en Arnoia, Cenlle e Castrelo...

A Xunta eafirma o seu compromiso co tecido produtivo e co emprego da provincia...

0
José González lembrou accións en colaboración coa CEO a prol da inserción laboral e da formación para o emprego e sinalou que onte aprobáronse...

Publicacións Relacionadas