Home Ourense Lorenzana pon a nova Oficina de Emprego de Verín como exemplo da...

Lorenzana pon a nova Oficina de Emprego de Verín como exemplo da modernización deste servizo, que quere ofrecer atención próxima e dinámica á cidadanía

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana visitou as novas instalacións radicadas na avenida de Sousas, 74

― Estas dependencias dan servizo a dez concellos da contorna e contan con 7 profesionais, tras a incorporación de dúas persoas ao novo servizo de orientación e prospección laboral que atenderá ás necesidades de colectivos prioritarios

― A oficina de emprego de Verín atendeu o ano pasado a case 6.500 persoas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana visitou hoxe a nova oficina de emprego de Verín, que xa dá servizo a dez concellos: Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

O novo espazo supuxo un investimento de case 600.000 euros destinados á adquisición do inmoble situado na avenida de Sousas, e á súa reforma. A oficina de Verín dispón agora de máis amplitude e con instalacións máis modernas para facilitar unha contorna de traballo máis confortable, que constitúa un punto de encontro máis amable cos demandantes de emprego, e máis atractivo para o tecido produtivo, dixo a conselleira.

Sete persoas traballan no servizo galego de emprego na oficina de Verín, que o ano pasado prestou atención a case 6.500 persoas. As dependencias contan xa con dous profesionais que ocupan as novas prazas de orientación e prospección laboral co obxectivo mellorar as oportunidades de colectivos con maiores dificultades para obter emprego.

Segundo puxo en valor a conselleira, as novas dependencias de Verín convértense nun espazo onde as persoas traballadoras poden buscar traballo e onde as empresas poden atopar os perfís que precisan para cubrir as súas vacantes de emprego. Un lugar, remarcou, onde tamén se persegue avanzar na empregabilidade nesta área a través da mellora das capacidades profesionais.

Lorenzana dedicou parte das súas palabras ao persoal das oficinas de emprego que, como dixo, co seu traballo está a contribuír a construír un mercado laboral galego máis cohesionado e dinámico.

A Consellería de Promoción do Emprego está apostar este 2023 pola modernización integral do servizo galego de emprego. Esta estratexia pasa pola renovación das oficinas (á que se destinan 3,3 millóns de euros), pola dixitalización do servizo (489.000 euros) e pola mellora da formación das persoas traballadoras (405.387 euros).
“Estamos reformulando o servizo de emprego, non soamente as infraestruturas, tamén estamos aumentando o número de persoas que atenden ás desempregadas e desempregados en toda Galicia”, indicou a titular de Promoción do Emprego.

A conselleira fixo fincapé na posta en marcha este mes dun servizo propio e permanente de orientación laboral e prospección empresarial, composto por 136 novos orientadores laborais, 2 destinados en Verín, para apoiar máis intensamente a labor de colocación das case 1.800 persoas que se atopan en situación de desemprego nesta comarca.
“Estamos implementando unha nova ferramenta tecnolóxica, que se vai desplegar pouco a pouco ao longo deste ano por todas as oficinas”, lembrou Lorenzana, quen datou o inicio do funcionamento do software nos meses de maio e xuño. Con esta ferramenta, o Goberno galego pretende mellorar os procesos de casación da oferta e da demanda de emprego con ferramentas de intelixencia artificial.

Todas estas actuacións, lembrou, enmárcanse na nova Estratexia de Emprego da Xunta, XEMPRE Contigo. A Xunta de Galicia está a impulsar así unha nova forma de traballar que pretende optimizar os recursos que temos para conseguir o mellor emparellamento posible entre a oferta de emprego e a demanda de traballadores, pero que tamén pretende achegar os servizos públicos á cidadanía, ofrecéndolle unha atención de proximidade e calidade, ligada ao territorio.

Relacionadas

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Xunta destaca o seu compromiso para garantir a protección das vítimas de violencia...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, detallou hoxe no Parlamento de Galicia que en máis da metade dos partidos xudiciais...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

Publicacións Relacionadas