Home Xunta de Galicia Lorenzana pon en valor os apoios autonómicos ao emprendemento feminino materializados en...

Lorenzana pon en valor os apoios autonómicos ao emprendemento feminino materializados en “Shiitake Trives”, que xa colleita unha tonelada de cogomelos

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada polo delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitou os invernadoiros da empresa beneficiaria das axudas Emega a mulleres emprendedoras

― Destacou que a Xunta ten previsto destinar 4 millóns de euros á nova convocatoria destes apoios que permitiron desde 2009 acubillar case 1.500 proxectos empresariais

― O Goberno xa convocou este ano axudas por máis de 50M€ a través de programas destinados a apoiar o traballo autónomo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, coñeceu hoxe de primeira man, acompañada do delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, o proxecto empresarial de María Ángeles González Rodríguez, beneficiaria do programa autonómico de emprendemento feminino Emega, co que puxo en marcha Shiitake Trives, unha iniciativa baseada na produción de cogomelos en troncos de carballo.

Lorenzana puxo en valor a velocidade de cruceiro que este proxecto apoiado en 2019 pola Administración autonómica está a tomar, coa apertura xa de cinco invernadoiros no que se cultivan cogomelos shiitake, e coa última colleita situada nunha tonelada desta variedade. Shiitake Trives, dixo, é o cumprimento do soño de “Geli” que quixo desenvolver unha iniciativa sostible para aproveitar os recursos das fragas e crear riqueza na súa contorna, para o que contou cos apoios da Xunta de Galicia, destacou a conselleira.
A firma conta na actualidade co certificado Ceaega do Consello regulador da agricultura ecolóxica galega que garante o cultivo ecolóxico deste produto.

Esta empresaria foi beneficiaria no ano 2019 do programa autonómico Emega que promove o emprendemento feminino e tamén recibiu apoios no marco da liña de Promoción do Emprego Autónomo que se convoca anualmente.

O Goberno galego seguirá a consolidar este ano a convocatoria Emega, que, tras 26 anos de traxectoria, contará cun orzamento de 4 millóns de euros destinados á posta en marcha de iniciativas emprendedoras, a reactivar ou innovar as xa existentes, a impulsar proxectos tecnolóxicos e a favorecer a conciliación das promotoras. “As mulleres están a acadar cada vez máis postos no emprendemento, queremos que eses negocios crezan e xeren novos empregos”, afirmou a conselleira de Promoción do Emprego.

Nos últimos 13 anos, entre 2009 e 2022, o programa tivo un incremento do seu orzamento do 203%, lembrou Lorenzana, quen indicou que en total foron máis de 18,4 millóns de euros os destinados a apoiar 1.480 proxectos de emprendemento feminino, crear 2.084 empregos novos de mulleres e consolidar outros 648.

Axudas ao traballo autónomo

A Xunta de Galicia, noutra orde de cousas, convocou o pasado 24 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia dous novos programas de axudas dirixidos ás persoas traballadoras por conta propia que con 20 millóns de euros de investimento que se sumarán aos 30 millóns da liña de Impacto Autónomo convocada para atenuar as consecuencias da suba de custos motivados pola inflación. Trátase de Xempre Autónomo, que contará con 12 millóns de euros de orzamento, para apoiar o inicio de actividade; e do Bono Autónomo que con 8 millóns financiará investimentos para a consolidación dos negocios. Ambas as dúas manteñen aberto o seu prazo de solicitude ata o próximo 29 de setembro.

Relacionadas

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

A Xunta investirá máis de 7,5 millóns de euros na retirada dos residuos da...

0
— Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o...

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do Instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras...

0
— Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€ —...

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións...

0
— O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin...

A Xunta participa na celebración do Día da Amizada organizada pola Asociación Provincial de...

0
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, asistiu hoxe ao Día da Amizade que cada ano celebra a Asociación Provincial...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Publicacións Relacionadas