Home Verín Monterrei Lorenzana sitúa monterrei como un dos núcleos que exemplifica o compromiso da...

Lorenzana sitúa monterrei como un dos núcleos que exemplifica o compromiso da Xunta co emprego rural

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantiveron un encontro co alcalde da localidade, José Luis Suárez

― A comarca de Verín conta co primeiro Polo de emprendemento de Galicia estreado o pasado verán e acaba de abrir unha nova oficina de emprego que contará cun novo software para optimizar a cobertura das vacantes con persoas desempregadas

― Os representantes da Xunta visitaron tamén a bodega Crego e Monaguillo, da que salientaron a súa aposta pola responsabilidade social empresarial e o compromiso coa xeración de emprego na súa contorna

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, na que expuxo as liñas que este departamento ten en marcha para favorecer o emprego de calidade en Galicia, co foco posto no ámbito rural.

O Goberno autonómico, tal e como relatou Lorenzana, está a traballar para aproveitar as oportunidades de emprego que ofrece Galicia en sectores con vacantes. Para acometelo, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está apostar por unha modernización sen precedentes do servizo galego de emprego, que comezou polas infraestruturas das oficinas, como as novas instalacións que dá servizo á comarca de Verín. Trátase de facer un mellor encaixe entre a oferta de man de obra que canalizan estas oficinas coa demanda do tecido produtivo das contornas, explicou a conselleira, quen avanzou que neste segundo trimestre do ano estará en marcha o novo sistema tecnolóxico de xestión que, baseado na intelixencia artificial, permitirá unha prospección en tempo real das necesidades das empresas e a busca do persoal que precisan.

Lorenzana situou Monterrei como un dos núcleos que exemplifican o compromiso da Xunta de Galicia coa dinamización do rural. Ademais de contar cunha oficina de emprego renovada, foi a primeira comarca en estrear un Polo de emprendemento na comunidade o pasado verán, unha rede que se ampliará a 15 puntos de Galicia durante este ano, cos que se pretende atender ás necesidades do 100% da poboación galega. A través desta rede en crecemento, especificou, xa se deu acubillo a máis de 200 proxectos empresariais no conxunto da comunidade.

A comarca de Verín conta ademais cun Centro de Información á Muller que dá servizo a 7 concellos: Verín, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Oímbra, Vilardevós e Monterrei. Tal e como puxo en valor a conselleira no encontro, é fundamental o traballo que desenvolven estes centros como punto de referencia da atención á muller, en especial ás vítimas da violencia de xénero. Grazas á súa proximidade, os CIM convértense en recursos esenciais apoiados pola Xunta de Galicia para facer chegar os recursos ás vítimas e traballar na loita contra este problema estrutural.
Crego e Monaguillo
A conselleira tamén visitou hoxe a bodega Crego e Monaguillo, da denominación de orixe Monterrei. Esta empresa con máis de 50 anos produce viño nunhas instalacións estreadas en 2006 e coa responsabilidade social empresarial como un dos seus leitmotiv.

A Xunta de Galicia impulsa a implantación de prácticas de responsabilidade social e igualdade laboral nas empresas, e traballa para fomentar o emprego en proxectos que reverten os seus beneficios na contorna e xeran emprego de proximidade. Tal e como destacou Lorenzana, Crego e Monaguillo, representa á perfección estes valores ao aproveitar os recursos que lle brinda o seu emprazamento e contribuír a xerar riqueza e emprego estable no seu entorno.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

Publicacións Relacionadas