Home Xunta de Galicia Lorenzana subliña que a formación é clave ante os avances tecnolóxicos que...

Lorenzana subliña que a formación é clave ante os avances tecnolóxicos que se están a producir no sector da automoción

- Anuncio -

— Sinalou como retos do sector a innovación, a sustentabilidade e poder contar con capital humano cualificado e preparado para operar con equipamentos e en contornos cada vez máis tecnolóxicos

— Felicita ao Grupo Regueira polo éxito destas xornadas, un dos grandes escaparates a nivel nacional onde os profesionais dos talleres de toda España poden coñecer as últimas tendencias

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, salientou hoxe que a formación dos profesionais que traballan en toda a cadea de valor do sector da automoción é clave ante os avances tecnolóxicos que se están a producir nesta industria.
Durante a súa intervención na clausura das IX Xornadas de portas abertas do Grupo Regueira, a conselleira sinalou como retos do sector a innovación, a sustentabilidade e poder contar con capital humano cualificado e preparado para operar con equipamentos e en contornos cada vez máis tecnolóxicos.
Lorenzana lembrou que a automoción en Galicia —que representa o 13,8% do emprego industrial na Comunidade—, conseguiu o ano pasado a cifra máis alta de negocios, cun 3% de incremento na facturación (11.550 M€), e o máximo histórico en exportacións, 8.220 M€.
Segundo dixo, a pesar das dificultades, dá mostras de ser un sector estratéxico resiliente grazas á capacidade tecnolóxica de toda a cadea de valor e ao seu esforzo por liderar os avances que se están producindo no ámbito da mobilidade do futuro. Nese contexto, lembrou, os fondos europeos van ser fundamentais.
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, quixo ademais felicitar ao Grupo Regueira polo éxito destas xornadas, un dos grandes escaparates a nivel nacional onde os profesionais dos talleres de toda España poden coñecer as últimas tendencias. Tamén, engadiu, unha mostra do peso que ten o sector da posvenda dentro da industria da automoción.

Relacionadas

A Xunta licita por 910.000€ a segunda fase da rehabilitación integral do Colexio CEIP Francisco...

0
— A obra inclúe o cambio de fiestras, o illamento térmico da fachada e obras de reorganización do centro, entre outras melloras — Enmárcase na...

A Xunta licita por máis de 1,6M€ a rehabilitación integral do ColexioPedro Barrié de la...

0
— A obra inclúe o cambio de cuberta e o illamento térmico da fachada, entre outras actuacións para mellorar a eficiencia enerxética do centro —...

A Xunt destaca en IYImeeting 2024 o seu compromiso coa atracción e retención de talento investigador

0
— A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participa na inauguración da XV Edición da Reunión de Mozos Investigador@s no Estranxeiro — Subliña...

Rueda destaca o éxito do programa Xuntos polo Nadal que este ano permite que...

0
 A través de estadías 100% gratuítas, os participantes pasan desde Noiteboa ata Reis nas residencias do Carballiño e Panxón  Asegura que é unha...

A Xunta fomenta o consumo responsable entre a rapazada de Beade co gallo do...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe na localidade ourensá de Beade unha das accións da Escola Galega de Consumo...

Os pacientes oncolóxicos da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés poderán retirar...

0
A Dirección de Enfermaría dispuxo a distribución dun total de 40 contedores especiais para residuos citotóxicos e citostáticos nos centros de saúde e Puntos...

Publicacións Relacionadas