Home Pontevedra O Salnés Luisa Piñeiro recolle as solicitudes do concello de Vilanova para xestionar as...

Luisa Piñeiro recolle as solicitudes do concello de Vilanova para xestionar as Sendas de Caleiro e Corón, a mellora dos colexios, o alumeado do Polígono de Baión e a humanización do centro

- Anuncio -

A delegada territorial da Xunta mantén unha reunión de traballo co alcalde, Gonzalo Durán, e o tenente de alcalde, Javier Tourís, para abordar os proxectos autonómicos no municipio para este ano

A Xunta vén de conceder un Plan de Infraestruturas Rurais ao municipio e recolle medio millón de euros para saneamento nos orzamentos tras acometer a rehabilitación do CEIP Xulio Camba e activar dous obradoiros de emprego

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, mantivo este mediodía unha reunión co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, na que recolleu as súas solicitudes para xestionar as sendas de Caleiro e Corón, a realización de diversas melloras nos colexios, a dotación do alumeado no polígono empresarial de Baión e a humanización da praza do centro urbano.

A representante autonómica explicoulles que o paseo de Corón, na estrada autonómica PO-549, xa está en fase de contratación e a senda de Caleiro, na vía PO-307, atópase un pouco máis retrasada na fase administrativa. Neste eido, o rexedor vilanovés, que acudiu acompañado do seu tenente de alcalde, Javier Tourís, tamén se interesou pola mellora do centro da vila a través do Plan Hurbe.

Por outra banda, na xuntanza tamén se abordou a posible realización dalgunhas melloras nos centros educativos públicos e a renovación do alumeado no polígono industrial de Baión. Estas cinco actuacións son consideradas prioritarias para o Concello e a delegada anunciou que vai xestionalas coas distintas consellerías e ver as posibilidades de execución tendo en conta os plans existentes e a dispoñibilidade orzamentaria do Goberno galego.

Durante o encontro, tamén se trataron as recentes concesións da Xunta de Galicia ao Concello de Vilanova, xa que vén de outorgarlle un Plan de Infraestruturas Rurais, dotado con case 50.000€, e ten reservada unha partida de medio millón de euros para saneamentos nos Orzamentos Autonómicos 2021.

Deste xeito, dáselle continuidade aos investimentos no municipio despois de que se destinaran uns 800.000€ á rehabilitación enerxética e funcional do CEIP Xulio Camba e case 700.000€ na posta en marcha de dous obradoiros de emprego.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas