HomeXunta de GaliciaMáis de 168.000 alumnos participan este curso nos 45 programas educativos temáticos...

Máis de 168.000 alumnos participan este curso nos 45 programas educativos temáticos que a Xunta de Galicia integra no “Plan Proxecta”

- Anuncio -spot_img

— Desenvólvenos un total de 640 centros educativos co traballo de 7.424 docentes

— Trátase de iniciativas relacionadas coa saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio ou o medio ambiente, entre outros

Un total de 168.811 alumnos participan este curso nos diferentes programas educativos que a Xunta de Galicia integra no Plan Proxecta+. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicou xa a resolución definitiva dos 640 colexios e institutos que toman parte das distintas iniciativas institucionais do Goberno galego no ano académico 2022/23, co apoio e traballo de 7.424 docentes.
Os centros implicados desenvolverán un total de 45 programas diferentes, relacionados cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, a normalización lingüística e os dereitos da infancia ou a mobilidade.

Tres deles incorporáronse este curso, en concreto AntarticLab CSIC, Mestres Gandeiros e Rede de Eco Hortas Escolares. AntarticLab CSIC é un certame de ideas innovadoras en instrumentación e ensaios científicos, dirixido a estudantes de Formación Profesional, organizado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) coa colaboración da Consellería de Educación e o apoio tecnolóxico de Marine Instruments.

Mestres Gandeiros, desenvolvido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en colaboración coa Cooperativa A Carqueixa, está centrado en transmitir o coñecemento e as boas prácticas que a poboación rural está levando a cabo, como xestores da natureza e da paisaxe, mediante o emprego de técnicas de xogo, de sistemas de información xeográfica, do coñecemento das persoas e do contacto co territorio.

Rede de Eco Hortas Escolares, en colaboración tamén coa Consellería de Medio Ambiente e a través da Asociación Amigos da Terr, é un espazo de intercambio de coñecementos e experiencias dirixido a calquera centro educativo galego que teña en marcha ou queira iniciar una horta ecolóxica nas súas instalacións. A integración na rede implica actividades de horta e actividades de aula en temáticas directamente relacionadas.
Por número de centros participantes, o programa con máis número de centros integrados é Proxectos de vida activa e deportiva, que promove o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado. A distribución por programas é a seguinte:

ProgramasCentros participantes
Proxectos de vida activa e deportiva (PVAD)310
Aliméntate ben107
Donas de si75
Proxecto Ríos58
Vexo veo Xacobeo53
ProxectoTERRA47
MeteoEscolas42
Quérote+32
Por 365 días de respecto e igualdade31
Mobilidade sostible e segura30
Correspondentes xuvenís29
Paisaxe e Sustentabilidade27
Consumópolis26
Apuntámonos a non beber26
Aprendo programando21
Mestres gandeiros21
Recíclate con Sogama20
Parlamento Xove20
Nós tamén creamos!20
Proxecto de innovación en dinamización lingüística20
Protexe os animais19
Clases sen fume17
Naturézate16
Voluntariado miúdo: Móvete!16
Rapazas emprendedoras nas TIC15
Galicons-net15
O monte vivo15
Proxecto didáctico Antonio Fraguas14
Educación patrimonial14
Salvavidas13
Rede de Centros Escolares Solidarios11
Fotografía en curso11
Escola Verde9
Pasaporte solidario9
Fitofaladoiro9
Activistas polo mundo que queremos6
Rede de Eco Hortas Escolares5
Protexe o teu medio5
Xente con Don4
Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional4
Cinema en curso4
AntarticLab CSIC4
De Ítaca a Ávalon2
Moitavista na Escola2
Educación en dereitos da infancia e cidadanía global1

O Plan Proxecta+ ofertouse por primeira vez no curso 2012/13 con 18 programas e desde entón incorporáronse novos programas e aumentou de xeito constante o número de colaboración con outras consellerías e institucións, ata chegar aos 45 actuais.

Publicacións Relacionadas