HomePontevedraCaldasMáis de 30 chef de prestixio internacional danse cita no Festival PortAmérica...

Máis de 30 chef de prestixio internacional danse cita no Festival PortAmérica que fusiona gastronomía, música e comunidade no marco dos concertos do Xacobeo

- Anuncio -spot_img
  • A Xunta de Galicia apoia un ano máis este evento de referencia, cun cartel no que se dan cita figuras como Melendi, Izal, Love of Lesbian, Ca7riel & Paco Amoroso, Alcalá Norte e La La Love You, entre outros
  • O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou esta mañá unha nova edición deste festival

Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia regresan á Azucreira de Portas, en Pontevedra, coa celebración dunha nova edición do Festival PortAmérica os días 3, 4 e 5 de xullo. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou hoxe en Portas, a cita deste ano está mañá en rolda de prensa.

Música, gastronomía e comunidade son os eixos sobre os que pivota o festival PortAmérica, que, para a súa décimo terceira edición, promete unha experiencia única onde os sons e os sabores de ambos os dous lados do Atlántico volven a encontrarse, para celebrar, unha vez máis, a riqueza dos lazos entre España e Iberoamérica.

O director de Turismo de Galicia destacou “a esencia multicultural e a aposta pluridisciplinar pola música, a gastronomía e a comunidade do PortAmérica” como unha fórmula de éxito.  Xosé Merelles salientou, tamén, que “eventos como o PortAmérica amosan a boa saúde da oferta cultural galega, coa singularidade e a máis alta calidade por bandeira, coa fusión de tradición e modernidade cun salientable impacto positivo no noso territorio, como motor da economía, do turismo e do lecer sostible a nivel local”.

No cartel musical do Portamérica 2025 destaca a presenza de grandes referentes nacionais. Melendi, un dos artistas máis queridos e exitosos do panorama español, encabeza esta edición co seu característico estilo próximo e enerxético. Mikel Izal, tras iniciar a súa carreira en solitario, achegará a calidade e profundidade que o converteron nun dos nomes máis representativos do indie español.

Ademais, o cartel suma bandas de renome como Love of Lesbian, iconos do pop-rock alternativo no noso país, e o fenómeno argentino Ca7riel & Paco Amoroso, que promete revolucionar o escenario coa súa proposta innovadora e desenfadada. A enerxía e os himnos de Viva Suecia tamén se farán sentir, consolidándoos como referentes indiscutibles do indie nacional. A frescura urbana chegará de man do madrileño Recycled J, pioneiro do novo son pop-rap en español. Pola súa parte, a mítica banda Duncan Dhu poñerá o toque nostálxico co seu impecable legado no rock español, celebrando ademais o seu 40 aniversario sobre os escenarios.

O festival aposta, tamén, por unha notable representación doutros talentos destacados na escena musical: a banda de moda, Alcalá Norte, o coruñés que está revolucionando a escena alternativa nacional, Carlos Ares, ou os vibrantes La La Love You. A lista complétase con artistas como Merino, Marisa Valle Roso, a banda uruguaya No Te Va Gustar, Sidonie, Siloé e Travis Birds.

A estes súmanse os toledanos Veintiuno e, tamén, Javier Lekker, Marina Dirosso e Diego Lara, en colaboración cos Estudos Mans, que reforzan unha programación ecléctica e diversa. Ademais, esta edición dá un paso máis cara á integración de novas disciplinas artísticas coa incorporación do Grupo de Baile Senior da UNED Pontevedra e Combai Danza (Fundación Igualarte), como parte do compromiso social do festival e do seu programa de actividades de sustentabilidade social.

Na súa outra gran vertente, a gastronómica, o Festival PortAmérica volve reunir a toda unha constelación de estrelas culinarias, lideradas, unha vez máis, polo galego Pepe Solla. Entre os chefs de prestixio internacional que visitarán Portas se dan cita nomes como Jordi Roca, Iván Cerdeño, Begoña Rodrigo, Maca de Castro e Vasco Coelho Santos, entre outros, cunha oferta culinaria que, como cada ano, poñerá o sabor máis exquisito e creativo a esta experiencia única no ShowRocking.

A eles súmanse outros grandes referentes como Albert Adrià, Alberto Lareo, Alén Tarrío, Álex Magurán, Dani Carnero, Gonzalo Pose, e Carito Lourenço, entre outros nun cartel gastronómico cheo de talento. Así, o espazo ShowRocking acollerá un total de máis de 30 chefs, con 18 Estrelas Michelin, 2 Estrelas Verdes e 2 Bib Gourmand, consolidando a PortAmérica como un punto de encontro único entre a música e a alta cociña.

Concertos do Xacobeo

A Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais como o Gozo Festival, O Son do Camiño, o Morriña Fest, o novo Festival Jaleo!, o PortAmérica, o Resurrection, o Río Verbena, o Galicia Fest, Maresía, Linga Urbana e máis de 120 festivais, ciclos e concertos imprescindibles en máis de 70 localidades de toda Galicia.

Na provincia de Pontevedra, Concertos do Xacobeo suma máis dunha trintena de eventos, como Portamérica, Atlantic Fest, Costa Feira, Orballo Cultural ou Revenidas. Deste xeito, a Xunta fomenta nesta provincia a dinamización da economía local, co apoio a asociacións locais, motores da cultura propia, á hostalería e ao comercio; e, tamén, a posta en valor da paisaxe e a riqueza patrimonial e paisaxística local.

Máis de 800 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros que pisan forte nas listas de escoitas de agora e de sempre visitarán neste 2025 os Concertos do Xacobeo. O programa completo está recollido na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal.

Publicacións Relacionadas