HomeXunta de GaliciaMedio Ambiente tratou case 70.000 quilos de residuos sanitarios de baixo risco...

Medio Ambiente tratou case 70.000 quilos de residuos sanitarios de baixo risco durante á segunda onda da Covid-19

- Anuncio -spot_img

No período comprendido entre o 23 de novembro e o 18 de decembro xestionou un 7% máis deste tipo de refugallos de baixo risco, superando lixeiramente os da primeira onda cando se xestionaron 65.000 kg
A operativa empregada foi a mesma que no primeiro período, habilitando unha planta provisional e específica onde estes materiais son triturados e acondicionados para ser transformados nun combustible CDR
Desde o pasado 23 novembro e ata o 18 de decembro, Sogama tratou no Complexo Medioambiental de Cerceda un total de 69.800 quilos de residuos sanitarios de baixo risco procedentes de centros adscritos ao Sergas, un 7,38% máis que na primeira onda.
Esta é a segunda ocasión na que o Servizo Galego de Saúde solicita a Sogama a prestación deste servizo, para completar e apoiar o traballo que realizan as instalacións encargadas
expresamente do tratamento desta tipoloxía de refugallos (buzos, luvas, mascarelas
desbotables e asimilables).
A operativa disposta para o tratamento das case 70 toneladas de refugallos sanitarios de baixo risco foi a mesma que a empregada na primeira onda, polo que estes refugallos son
triturados e acondicionados para convertelos nun combustible CDR, que é valorizado
enerxeticamente na planta termoeléctrica a máis de 850ºC, temperatura que permite
eliminar, coas máximas garantías medioambientais, patóxenos e outros axentes nocivos,
grazas á posta en marcha dunha planta específica e provisional, que funciona de forma
independente á dos urbanos, con persoal específico que se rexe por horarios diferentes ao resto de traballadores da planta de Sogama, dispoñendo igualmente de vestiarios e zonas
de descanso independentes a fin de minimizar o risco de contaxios.
Cómpre recordar que entre o 21 de abril e o 21 de maio, a entidade dependen de Medio
Ambiente, seguindo as instrucións ditadas no seu momento polo Ministerio de Sanidade e o
Ministerio para a Transición Ecolóxica, e contando coa autorización administrativa da
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, tratou 65.000 quilos de residuos destas
características.
Sumando os dous períodos de máxima incidencia do coronavirus, Sogama eliminou 134.800
quilos de residuos sanitarios de baixo risco, evitando o seu depósito en vertedoiro; unha
opción, a menos recomendable, da que tiveron que facer uso aquelas comunidades que non
dispoñen de plantas de valorización enerxética de alta eficiencia.
Se ben o Goberno central contempla como tratamentos para esta fracción de residuos a
valorización enerxética e o vertedoiro, dá preferencia á primeira, toda vez que verter estes
residuos supón un risco para o medio ambiente e a saúde pública de primeira magnitude.

Publicacións Relacionadas