O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo hoxe unha reunión con representantes do sector da sidra na Estrada e puxo en valor este tipo de produción en Galicia, no que este concello é unha potencia con máis de 100 hectáreas destinadas ao cultivo de mazá de sidra.
Na reunión abordáronse diferentes asuntos e vías de colaboración para seguir impulsando este eido produtivo, que na Estrada supón unha produción de 1,5 millóns de quilos e destaca por ser a localidade con maior superficie certificada en ecolóxico de Europa. A maiores, o director xeral tamén asistiu á Feira Cabalar do San Martiño que se celebra hoxe na Estrada.



