Home Xunta de Galicia Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente nacional do sector

- Anuncio -
  • A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é un dos oito mercados de gando que existen en España, dos cales tres están en Galicia (xunto con Amio e Castro de Ribeiras de Lea)
  • Lembrou que no ano 2024 houbo unha asistencia ao mercado de 53.732 animais, que supoñen un volume de transacción de máis de 39 millóns de euros e que a asistencia aumentou un 6,1% con respecto ao exercicio anterior, coa mellor cifra dende o 2009
  • Sinalou que Galicia ocupa unha posición de liderado no sector agrogandeiro, “froito do traballo e a profesionalidade dos nosos agricultores e gandeiros, co apoio da Xunta”, a través de diversas liñas de axudas a produtores, distribución e industria

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo hoxe en valor a Central Agropecuaria de Galicia Abanca de Silleda como referente na comercialización do gando dentro da nosa comunidade e mesmo a nivel nacional. A conselleira, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que o de Silleda é un dos oito mercados de gando que existen en España, dos cales tres están en Galicia (os outros dous son os de Amio, en Santiago de Compostela, e Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei).

Nesta liña, Gómez puxo de relevo que a Central, xestionada pola Fundación Semana Verde, destaca tamén por levar a cabo a única poxa de gando bovino informatizada do país. Trátase, explicou, dun sistema de poxa pública con xestión informática, o que exclúe a presenza de intermediarios e facilita o proceso de compra.

Por iso, a conselleira engadiu que para Galicia “é toda unha honra poder contar con instalacións destas características, pioneiras en innovación e que nos achegan cifras que poñen de relevo a boa situación da que está a gozar o sector.” Así, lembrou que no ano 2024 houbo unha asistencia ao mercado de 53.732 animais, que supoñen un volume de transacción de máis de 39 millóns de euros. Ademais, a asistencia aumentou un 6,1% con respecto ao exercicio anterior, acadando a mellor cifra dende o ano 2009.

Liderado de Galicia

Neste contexto, a titular de Medio Rural sinalou que Galicia ocupa unha posición de liderado no sector agrogandeiro, “froito do traballo e a profesionalidade dos nosos agricultores e gandeiros, co apoio da Xunta”. Un apoio que concretou con medidas como as axudas da convocatoria de 2024 das achegas para plans de mellora de explotacións e para fomentar a remuda xeracional no agro, apoiando a incorporación de novos agricultores, cunha inxección de arredor de 45,9 millóns de euros.

Grazas a estes fondos, indicou a conselleira, propiciarase a mellora de 370 explotacións e apoiarase a incorporación de 320 mozos (menores de 40 anos) e de 133 novos agricultores (de 41 a 55 anos). Trátase pois, duns 800 expedientes en total. Nesta liña, Gómez trasladou que tamén se xestionan e axilizan as axudas da PAC e que, de feito, Galicia está a liderar os pagos das achegas directas co 83% do total aboado fronte ao 56% da media estatal.

En parecidos termos, a conselleira subliñou o Plan para fomentar a remuda xeracional, que se sustentará na formación, a incorporación e a sensibilización para afianzar o futuro do rural galego e que, entre outras medias, contempla o Banco de explotacións, para propiciar o contacto entre titulares de explotacións que cesan ou van cesar a súa actividade e as persoas interesadas en asumir a súa xestión, mediante compra ou arrendamento.

Do mesmo xeito, a conselleira recordou que a Xunta apoia á distribución e á industria propiamente vinculada ao sector primario e, con respecto a esta última, desde 2016 o Goberno galego xestionou axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios cun orzamento conxunto de máis de 195 millóns de euros. Estas achegas subvencionaron investimentos por un importe total de máis de 628 millóns e permitiron o desenvolvemento de máis de 550 proxectos tractores para a nosa comunidade.

Relacionadas

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

As visitas nos Museos da Xunta medran un 23% no ano 2024 ata superar...

0
— No balance do exercicio están incluídos 13 centros xestionados polo Executivo autonómico nas catro provincias galegas — Entre os espazos, destaca o incremento de...

Publicacións Relacionadas