HomeA CoruñaNava Castro pon en valor a excelencia e a calidade de Galicia...

Nava Castro pon en valor a excelencia e a calidade de Galicia como destino turístico no izamento da Bandeira Q de calidade no Náutico de Boiro

- Anuncio -spot_img

 A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe no acto que tivo lugar na Marina de Cabo de Cruz


 Os establecementos galegos co selo Q, que certifica estándares de calidade turística, aumentaron un 40% en dez anos.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na colocación da bandeira de Q de Calidade no Club Náutico de Boiro, onde destacou que grazas a calidade e o compromiso da Comunidade coa excelencia, acadáronse este ano 166 bandeiras azuis que ondearán en 112 areais, 11 portos deportivos, 14 centros e 29 sendeiros.
Os establecementos galegos co selo Q, que certifica estándares de calidade turística, aumentaron un 40% en dez anos. Neste senso, Castro destacou que a calidade é un sinal de identidade do noso destino turístico, “Galicia Calidade é moito máis ca unha frase o un slogan, representa o impulso cara a excelencia no que levamos traballando desde hai moito tempo desde a Xunta de Galicia”.
Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia destacou a importancia de acadar este tipo de distincións que contribúen á dinamización turística e posicionamiento do destino como destino de calidade debido a que constitúen un elemento determinante na toma de decisións para un importante e numeroso colectivo, tanto de turistas nacionais como internacionais.

“Esta calidade é conseguida tras a aposta por un traballo constante no que diariamente se pretende a procura da cultura do detalle e o perfeccionamento” finalizou Castro.

Publicacións Relacionadas