Home Xunta de Galicia Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

- Anuncio -

— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca a aposta polo cine emerxente, as estreas e o foco dedicado a Maxime Martinot


— A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicará proximamente a convocatoria de subvencións para este tipo de certames correspondente a 2025

Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, anunciou hoxe a programación completa da súa novena edición, que se desenvolverá na capital do Lérez do 10 ao 15 de decembro. O certame pontevedrés pecha, ademais, o calendario anual de mostras audiovisuais subvencionadas pola Xunta de Galicia, que este 2024 distribuíu 300.000 euros entre 10 eventos a través da súa liña específica de axudas.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, referiuse neste acto ao apoio do Goberno galego a este tipo de festivais, que proximamente terán á súa disposición a convocatoria correspondente a 2025. O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acompañou a organización de Novos Cinemas na súa presentación, celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación do campus pontevedrés e na que tamén interviñeron representantes da Universidade de Vigo, do Concello de Pontevedra e da Deputación Provincial.

Esta novena edición arrancará o vindeiro día 10 cunha sesión inaugural protagonizada polo filme La Parra, do ferrolán Alberto Gracia e producida por Filmika Galaika con subvención da Xunta, que chega a Pontevedra tras o seu paso por festivais como Rotterdam, BAFICI e Seminci, onde obtivo o Gran Premio da Sección Alquimias.

Comezará así unha programación que, un ano máis, aposta polo cinema emerxente e as estreas internacionais, ao tempo que sirve de plataforma de difusión ao cinema galego. Ademais, o guionista, montador e realizador francés Maxime Martinot será obxecto da súa primeira retrospectiva internacional nun festival.

Nova sección competitiva
En canto aos apartados competitivos, Novos Cinemas proxectará 39 pezas, das cales nove serán estreas mundiais, dúas internacionais, 10 en España e 12 en Galicia. Este ás seccións Oficial e Latexos, súmase en 2024 Ceres, dedicada aos centros de ensino e formación cinematográfica e audiovisual de España e Portugal.

O festival reforza tamén a súa vertente formativa co fin de servir de impulso creativo para cineastas emerxentes. Faino a través dos laboratorios de primeira longametraxe, os encontros cos profesionais do audiovisual e os talleres adaptados a distintos públicos, con directores como Álvaro Gago.

A ourensá Paula Veleiro será a encargada de pechar esta nova edición de Novos Cinemas coa estrea de Sepáraste moito, un filme fondamente persoal que desenvolveu no laboratorio da sexta edición do certame pontevedrés e para o que contou con Brais Romero na produción.

Relacionadas

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

0
Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade A conselleira de...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Publicacións Relacionadas