Home Xunta de Galicia O Bono Turístico inxecta preto de 300.000 euros na ponte do Pilar...

O Bono Turístico inxecta preto de 300.000 euros na ponte do Pilar e confirma a reactivación do sector

- Anuncio -

― Entre o venres 8 e o martes 12 de outubro fixéronse case 1.500 operacións, un 14% do total desta iniciativa impulsada pola Xunta para estimular o sector

― A ocupación nos establecementos galegos achegouse ao cen por cen nas localidades turísticas, o que confirma os bos datos que xa se rexistraron nos meses de verán

O bono turístico inxectou 282.647 euros na ponte do Pilar, o que confirma a reactivación do sector en Galicia logo dun verán no que se superaron os rexistros do ano 2019. O gasto feito polos usuarios do bono nestes días festivos coincide cunha ocupación nos establecementos hoteleiros que, nalgunhas localidades turísticas, achegouse ao cen por cen da súa capacidade.

Entre o venres 8 e o martes 12 de outubro, realizáronse 1.475 operacións co bono turístico, por un importe de compras de 282.647 euros. Supón preto do 14% da actividade dunha iniciativa, a da tarxeta #QuedamosEnGalicia posta en marcha pola Xunta para reactivar o sector, un dos máis afectados pola pandemia. En total, desde o mes de xuño e o 12 de outubro realizáronse 10.447 operacións cun importe de compras de 2.118.641 euros.

O bono turístico activouse este ano como complemento da campaña posta en marcha no 2020 en favor dos profesionais sanitarios. Aberto no mes de xuño ao público en xeral, os beneficiarios, que como se recordará esgotaron en poucas horas a oferta dispoñible, corren co 40% do gasto que realicen nos establecementos turísticos galegos, en tanto que a Xunta aporta o 60 % restante.

As previsións da Xunta pasan por mobilizar a través do bono turístico 7,8 millóns de euros no sector en todo 2021. O gasto feito polos usuarios na ponte de Pilar confirma que se trata dunha medida moi beneficiosa para reactivar o turismo tras meses de paralización por mor da pandemia.

Relacionadas

A Xunta seguirá apoiando ao sector gandeiro frone aos danos da fauna silvestre e...

0
— Os orzamentos do ano que vén reservan 906.000 € para previr os ataques destas especies, á vez que se mantén a partida de...

A Xunta convida aos centros educativos a participar no curso de imaxes gráficas e...

0
― A Xunta abre hoxe e ata o 15 de novembro o prazo para que o alumnado de centros de primaria, secundaria, bacharelato, formación...

A Xunta reforza a reactivación do termalismo galego coa posta en marcha do “Outono...

0
― A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia, Marisol Espiño, presentaron o programa, co...

Aberto o prazo de inscrición do curso de especialización en financiamento europeo da Fundación...

0
Ao longo de cinco xornadas, repartidas entre o 9 e o 19 de novembro, os asistentes abordarán todos os aspectos relativos ao novo Marco...

A Xunta promove o encontro de destacados gaiteiros da Península Ibérica a través do...

0
— Entre os días 23 e 31 de outubro, seis afamados intérpretes de Galicia, Cataluña, Aragón, Asturias, Castela e León e Portugal actuarán en...

Feijóo pide á vicepresidenta Ribera reorientar a transición enerxética cara a unha transición xusta,...

0
 No tocante a unha transición xusta, propón que do fondo que lle corresponde á Comunidade neste eido, é dicir 111 millóns de euros,...

Publicacións Relacionadas