Home A Coruña O Bono Turístico "QuedamosenGalicia22" xa ten adheridos 60 establecementos na comarca de...

O Bono Turístico “QuedamosenGalicia22” xa ten adheridos 60 establecementos na comarca de Bergantiños-Costa da Morte

- Anuncio -

— O delegado da Xunta e o alcalde da Laracha visitaron esta mañá, Casa Lugar de Trasende, un dos locais dispoñibles na selección deste bono

— Estas axudas inxectaron máis de 433.000 euros nos establecementos turísticos desta área na convocatoria do ano pasado

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, valorou esta mañá a excelente acollida que está tendo esta nova edición do bono turístico #QuedamosenGalicia2022” que xa ten adheridos 60 establecementos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte.

O delegado territorial subliñou que esta medida inxectou máis de 433.000 euros nos locais desta área que se uniron á campaña na edición anterior de 2021, que incluíu tamén o remanente do bono sanitario,

Trenor fixo estas declaracións, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel Varela, no transcurso dunha visita a Casa Lugar de Trasande, ubicada no Concello da Laracha, un dos establecementos que xa se poden selecionar dentro das tarxetas deste bono no ano 2022.

O representante do Goberno galego subliñou que “chegamos a esta terceira edición com moita ganas, tras dous anos de duras restriccións pola pandemia”. Neste senso, apuntou que “todos temos moitas ganas de saír por Galicia e boa proba diso foi a excelente acollida dos galegos a esta iniciativa turística”. Trenor destacou que con este plan “queremos dinamizar e colaborar co noso potente sector turístico fora das datas de tempada alta”.
Trenor tamén destacou que “desde a Xunta eramos conscientes de que o turismo ía ser un dos motores da recuperación económica de Galicia trala pandemia, por iso estivemos desde o primeiro momento do lado do sector con axudas por valor de 120 millóns de euros, cun obxectivo triplo: evitar a caída das empresas nos tempos de peche polas restricións sanitarias, adaptar os negocios aos protocolos e fortalecelos para a nova etapa que se abre agora, “cando Galicia aspira a liderar o sector a pechar o Xacobeo con cifras históricas”.
Xa no que vai de ano están a acadarse eses obxectivos, tendo en conta que na Semana Santa se rexistraron nalgúns destinos galegos cifras de ocupación superiores ás da prepandemia e que no que vai do 2022, da man do Xacobeo, o Camiño superou as 56.000 Compostelas, mellorando as cifras do 2019 no mesmo período, o ano no que se entregaron máis Compostelas.
O delegado da Xunta rematou recalcando que “Galicia está de moda” e puxo en valor a profesionalidade do sector e a solidariedade e responsabilidade dos galegos na consecución destes fitos.

LOCALES ADHERIDOS A DATA DE ONTE NO BONO TURÍSTICO 2022  NA COMARCA DE BERGANTIÑOS – COSTA DA MORTE

DENOMINACIÓNTIPOLOXÍAMUNICIPIO
CASA LUGAR DE TRASANDETurismo ruralA Laracha
Total A Laracha1
A CASA DA ESTRELLAApartamentosCabana de Bergantiños
CABAÑAS DA FONTEApartamentosCabana de Bergantiños
Turismo Rural O Xastre de AnosTurismo ruralCabana de Bergantiños
Total Cabana de Bergantiños3
O mar de preciosaPensiónsCamariñas
PLAYA DE CAMARIÑASPensiónsCamariñas
Total Camariñas2
PUNTA DEL ESTEHoteisCarballo
MAR DE QUEO 2HoteisCarballo
BALNEARIO DE CARBALLOHoteisCarballo
RÍO SILPensiónsCarballo
MAR DE QUEOTurismo ruralCarballo
Total Carballo5
HOTEL INSUAHoteisCee
PENSION LIRESCAPensiónsCee
CASA RAÚLTurismo ruralCee
RÍA DE LIRESHoteisCee
A BALLENERAPensiónsCee
TRAVELS TO FINISTERRE, S.L.Axencias de viaxesCee
AS EIRASHoteisCee
Total Cee7
APARTAMENTOS VIDA CORCUBIONApartamentosCorcubión
Total Corcubión1
HOTEL MAR DO EZAROHoteisDumbría
CASA DE SANTA UXÍATurismo ruralDumbría
Total Dumbría2
O SEMAFOROHoteisFisterra
A CASIÑA DE DINAVivendas TurísticasFisterra
CABAÑAS FISTERRAApartamentosFisterra
COSTA DA MORTEHoteisFisterra
HOTEL VIDA FINISTERRE CENTROHoteisFisterra
PRADO DA VIÑAHoteisFisterra
APARTAMENTOS VIDA FINISTERREApartamentosFisterra
HOTEL MAR DA ARDORA NATUREZA E PRAIAHoteisFisterra
ALÉN DO MARHoteisFisterra
HOTEL MAR DE FISTERRAHoteisFisterra
HOTEL RÚSTICO FINISTERRAEHoteisFisterra
HCABOSPORTPensiónsFisterra
Total Fisterra12
HOTEL MAR DE LAXEHoteisLaxe
HOTEL O NÁUTICOHoteisLaxe
CABANAS NAREAApartamentosLaxe
A TORRE DE LAXEHoteisLaxe
PLAYA DE LAXEHoteisLaxe
Total Laxe5
A CASA DA VASCAPensiónsMalpica de Bergantiños
CABANAS DE VENDAVALCámpingsMalpica de Bergantiños
Total Malpica de Bergantiños2
PRAIA DO CAPITANApartamentosMuxía
Casa das Fiadeiras de NemiñaTurismo ruralMuxía
HOSTEL MONATERIO DE MORAIMEAlberguesMuxía
SOLPOR DO COÍDOPensiónsMuxía
APARTAMENTOS VIDA MUXIAApartamentosMuxía
PARADOR COSTA DA MORTEHoteisMuxía
Camiño da BarcaApartamentosMuxía
ET SUSEIAAlberguesMuxía
CASA FONTEQUEIROSOHoteisMuxía
Hotel A de LolóHoteisMuxía
CASA CASTIÑEIRATurismo ruralMuxía
LA CRUZHoteisMuxía
CASA DE LEMAPensiónsMuxía
Total Muxía13
CASA DO CASEIROApartamentosPonteceso
PLAYA DE OSMOApartamentosPonteceso
Total Ponteceso2
CASAS DA FONTENLAApartamentosVimianzo
A CASA DA CANLEApartamentosVimianzo
PASTORIZAPensiónsVimianzo
Total Vimianzo3
CASA DO VENTOHoteisZas
CASA DO RELOJEROPensiónsZas
Total Zas2
TOTAL60

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas