Home Xunta de Galicia O Centro Superior de Hostalería de Galicia suma un novo aliado na...

O Centro Superior de Hostalería de Galicia suma un novo aliado na procura dunha formación de excelencia e prestixio

- Anuncio -

— O director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración co grupo Elba Hoteis que concederá dúas bolsas de formación


— Na actualidade, seis estudantes están a estudar no CSHG con bolsas de dous establecementos hoteleiros

O Centro Superior de Hostalería de Galicia, que este ano celebra o 30 aniversario, vén sumar un novo colaborador ao seu programa Partners co que contribúe á manter o seu prestixio a nivel nacional e de excelencia na formación impartida. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinou un convenio de colaboración co grupo Elba Hoteis mediante o cal, a cadea outorgará cadansúa bolsa a dous alumnos que cursarán o vindeiro ano o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e o Curso Superior de Chef de Cociña e Pastelaría.

O programa Partner é unha iniciativa do CSHG que favorece o establecemento de alianzas entre o centro e os establecementos interesados para así intercambiar coñecemento e facilitar unha formación cada vez máis en liña coas demandas actuais do sector.

Na actualidade, son bolseiros deste programa nos estudos de grao de Xestión en Empresas Hostaleiras, dous alumnos de Meliá Hotels International e outros dous de Barceló Hotels & Resorts. Por outra banda, outros dous estudantes de Meliá Hotels International están a realizar o curso de Chef de Cociña e Pastelería. A bolsa cubre o aloxamento e pensión completa durante o curso lectivo.

Elba Hoteis é unha empresa galega con 16 hoteis, situados principalmente nas Illas Canarias e un cadro de persoal de 1.600 empregados. O pasado ano, a súa facturación roldou os 145M€.

Nutrir de profesionais o sector
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou que o acordo sustenta “o eficiente traballo que está a facer o CSHG nutrindo o sector hostaleiro galego, pero tamén o nacional e internacional”.

O director de Turismo de Galicia lembrou que na actualidade 130.000 persoas están a traballar no sector turístico da Comunidade e salientou o traballo que vén realizando o CSHG desde que se creou en 1993, considerado referente deste tipo de formación específica.

O CSHG forma directivos hostaleiros e xestores cunha metodoloxía moderna e eficaz, coa cal el alumnado pode conseguir os máis altos niveis de profesionalidade activa na súa futura profesión.

Relacionadas

Jaime Pena, nomeado director da Filmoteca de Galicia

0
— O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude felicita persoalmente ao que ata agora era o programador da entidade — O equipamento, con sede na...

A Xunta destaca que a presenza feminina no sector da lousa ocupa xa un...

0
— O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu hoxe...

A ampliación do instituto IES A Pastoriza de Arteixo estará lista o vindeiro curso...

0
— A Xunta inviste máis de 2M€ nesta obra que comezará nas próximas semanas e suporá a construción de 1.500m² e 10 novas aulas —...

A Xunta compra 12 parcelas máis nas Fragas do Eume para reforzar a superficie...

0
— Os terreos, que forman parte do terceiro lote e están localizados nos concellos de Monfero e Cabanas, elevan a superficie de titularidade pública...

O Filme ‘Honey Moon’ protagoniza o arranque da 14ª Master Class Audiovisual Galego-Augal, organizada...

0
— Enrique Otero, director, guionista e produtor, ofrecerá o coloquio arredor da película este xoves 28 de novembro na primeira sesión do curso, dedicado...

A Xunta publica convocatoria para o ano 2025 das probas para exercer cono xestor...

0
― Ábrense catro períodos de inscrición: o primeiro desde o 27 de novembro e ata o 24 de xaneiro de 2025. ― Cómpre lembrar que...

Publicacións Relacionadas