Home O Morrazo Bueu O ciclo da Xunta "O País das Bandas" chega o sábado a...

O ciclo da Xunta “O País das Bandas” chega o sábado a Bueu coa Banda de Música Belas Artes de Cangas

- Anuncio -

A iniciativa, enmarcada na programación cultural do Xacobeo, ten como obxectivo impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade

O ciclo O país das bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega o sábado 28 a Bueu cun concerto da Banda de Música Belas Artes de Cangas. A actuación terá lugar na Praza de Massó ás 20,00 horas.


A existencia dunha formación musical canguesa pasa diversas etapas desde 1926, que xorde a Banda de Música de Cangas, ata os anos 80, nos que comeza a moderna traxectoria da agrupación da man do mestre Inocentes Camaño coa colaboración de Jesús Cordeiro. En 1985 fúndase a Asociación Cultural Belas Artes e en 2019 a banda recupera a súa escola de música co obxectivo de formar novos compoñentes que garantan o seu futuro.
Baixo a batuta de Humberto Carballo Martínez, o repertorio previsto para o sábado inclúe as pezas Rúa da fonte, Pilatus: Montain of dragons e Muiñeira dos clarinetes. Soarán tamén Oblivion, Suite galaica, A tribute to Amy Winehouse, Pasodobre popular, Don Pajarita, O gordo da rotonda e Que rico el mambo!


O País das Bandas arrincou o pasado 1 de xullo e percorrerá Galicia ata o 19 de setembro con case un cento de concertos a cargo de 77 agrupacións que suman máis de 3600 músicos. O obxectivo é impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade, como grandes depositarias da tradición musical galega.


A iniciativa desenvólvese ao abeiro do acordo asinado o pasado maio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Federación de Bandas, mediante o que a Xunta cuadriplicou a súa colaboración con este colectivo, cunha achega de 400.000 euros.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas