Home Ourense O concello Ourensán de San Cibrao das Viñas mellora as súas instalacións...

O concello Ourensán de San Cibrao das Viñas mellora as súas instalacións deportivas co apoio da Xunta

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou os novos vestiarios do campo de fútbol Soutopenedo, nos que o Goberno galego investiu 50.000 euros

― A medida enmárcase no compromiso co deporte no eido municipal a través da dotación de infraestruturas e equipamento, entre outras iniciativas

― O orzamento autonómico no eido do deporte ascende este ao á cifra récord de 44M€, dos que 18M€ se destinarán á creación e mellora de infraestruturas

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou os novos vestiarios construídos no campo de fútbol de Soutopenedo ao abeiro dun convenio co concello a prol do deporte no eido municipal. O Goberno galego investiu na iniciativa 50.000 euros, o que representa máis do 70% do custo total de 70.000 euros.

As obras consistiron na execución de dous vestiarios completos para os xogadores no interior dun local diáfano que xa existía. Cada un deles conta con duchas e outros elementos de aseo, ademais de zona para cambiarse. De xeito contiguo, construíuse un vestiario para árbitros e conectáronse as novas dependencias coas xa existentes. O tamaño da nova construción supera os 71 metros cadrados, con preto de 57 metros de superficie útil.

Segundo sinalou Diego Calvo, o incremento de xogadores no club de fútbol de Soutopenedo e a coincidencia de partidos nun mesmo día facía imprescindible a ampliación dos vestiarios para facilitarlles o seu uso sen esperas tanto a deportistas como a árbitros.
A actuación enmárcase no compromiso da Xunta coas administracións locais para dotar a veciñanza de instalacións que faciliten a práctica deportiva nas mellores condicións de benestar e seguridade. Así, os novos vestiarios súmanse a distintas melloras realizadas no ximnasio municipal os últimos anos, nos que o Goberno galego investiu preto de 70.000 euros.

Investimento récord no eido deportivo

Nesta liña, o vicepresidente segundo destacou o investimento récord deste ano no eido deportivo, con 44M€ dos que 18 se destinarán á creación e mellora de instalacións alí onde sexa preciso. “Desde a Xunta estamos a carón do deporte e dos deportistas, con axudas específicas tanto para infraestruturas como para equipamento e en apoio á actividade”, engadiu.

Así, neste comezo do ano estase a entregar o equipamento deportivo concedido na segunda convocatoria das axudas, publicadas o ano pasado. Segundo indicou Diego Calvo, en 2022 o investimento nas dúas convocatorias realizadas acadou o máximo histórico de 4,6M€ para dotar de material máis de 800 entidades.

Referiuse tamén a outros programas de apoio á práctica deportiva, especialmente na idade escolar, co obxectivo de fomentar o exercicio físico e a vida saudable entre a poboación máis nova. Neste marco de acción están Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (Xogade), que esta tempada suma xa máis de 110.000 participantes, ou o Plan Corresponsables co que ademais se facilita a conciliación familiar.

Relacionadas

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a...

0
O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora Anunciou...

A Xunta participa na celebración do Día da Amizada organizada pola Asociación Provincial de...

0
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, asistiu hoxe ao Día da Amizade que cada ano celebra a Asociación Provincial...

Xunta de Goberno Local extraordinaria para aprobar as novas delegacións de competencias do grupo...

0
O Concello de Ourense convocou esta mañá unha Xunta de Goberno Local extraordinaria onde se aprobaron cambios na delegación de competencias dos concelleiros e...

A Deputación incorpora unha nova máquina para cooperar cos concellos no mantemento e reparación...

0
A Deputación de Ourense continúa a reforzar o seu parque de maquinaria coa adquisición dunha nova máquina compactadora que permitirá mellorar a cooperación cos...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Publicacións Relacionadas