O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou as obras de remodelacion da estación da Coruña, onde destacou que esta infraestrutura é unha aposta pola intermodalidade, debido a que “todas as administracións empurramos no mesmo sentido, agardando que poida estar finalizada o antes posible para poñer a disposición da cidadanía”. Neste senso, lembrou que a obra da estación de autobuses, dependente da Xunta, esta a piques de rematar tal e como estaba previsto.



