Free Porn
xbporn
Home Deza Agolada O Corazón daartesanía chega esta fin de semana aos Pendellos de Agolada...

O Corazón daartesanía chega esta fin de semana aos Pendellos de Agolada unindo oficios, gastronómia e música

- Anuncio -
  • A Xunta organiza o XI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia entre mañá venres e o sábado, no que participarán 51 artesáns de diferentes oficios e 32 expositores de produtos gourmet
  • No programa de actividades inclúense os concertos de Xabier Díaz e De Vacas, cursos de formación especializada, showcookings de prestixiosos chefs do Grupo Nove ou obradoiros abertos para todos os públicos
  • A Xunta foi recoñecida co Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría Promociona para Entidades Públicas por esta iniciativa, como un espazo de posta en valor dos oficios tradicionais e de impulso ás sinerxías con outras disciplinas

Mañá venres comeza nos Pendellos de Agolada (Pontevedra) unha nova edición do Corazón da Artesanía. XI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, un evento multidisciplinar de posta en valor e enxalzamento dos nosos oficios artesanais, con especial atención aos máis tradicionais, así como da marca Artesanía de Galicia. O Corazón da Artesanía, organizado pola Xunta de Galicia desde o ano 2012, acadou o Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría Promociona para Entidades Públicas.

O Encontro arrinca mañá cun amplo programa de actividades no que se inclúen demostracións en vivo de artesáns, exposición e venda de produtos gourmet, cursos de formación especializados, obradoiros para todos os públicos, actividades de música e baile e showcookings. O horario do evento será de 11,00 a 14,30 e de 16,00 a 21,30h.

O Corazón da Artesanía converterá un ano máis Agolada nun encontro único no que está prevista a participación de 51 profesionais da Artesanía de Galicia, 34 como expositores e outros 14 artesáns que participarán como docentes nos cursos de formación especializada e talleres abertos. En canto aos expositores de produtos gourmet, contaremos este ano coa oferta de 32 empresas, 19 das cales contan co selo de Artesanía Alimentaria.

Programación do venres

O Corazón da Artesanía iníciase mañá venres 5 de xullo ás 11,00h coa inauguración oficial, a  apertura dos expositores e o comezo das actividades de formación especializada e dos obradoiros a todos os públicos.

A iniciativa Artesanía no Prato, que busca xuntar gastronomía e artesanía, comeza mañá con dous showcookings a cargo de Héctor López, do Restaurante España (Dous soles Repsol), Lugo, que realizará dous pases en horario de 13,30 e de 15,00h.  A partir das 18,30h terá lugar o obradoiro de decoración de mesas “A mesa perfecta”. Tanto nos showcookings como neste obradoiro empregaranse pezas de Artesanía de Galicia para complementar a oferta gastronómica.

A programación do venres pecharase co concerto do grupo Comando Curuxás, un quinteto que bebe da música tradicional e popular bailabre de Galicia e do resto de Europa, que terá lugar a partir das 22,30h na Praza do Concello.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas