HomeA CoruñaO Diario Oficial de Galicia publica a resolución das axudas destinadas a...

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución das axudas destinadas a sufragar o custo do alugueiro de 244 locais de ocio nocturno

- Anuncio -spot_img

O DOG publica hoxe a resolución dos beneficiarios da orde de axudas dirixidas aos titulares dun contrato de aluguer de discotecas, pubs, cafés-espectáculos, salas de festas e salas de concertos que permanecen pechados desde o 15 de agosto
As subvencións enmárcanse no Plan de Reactivación do sector do ocio, que conta con axudas para a celebración de concertos cando a situación sanitaria o permita e o mantemento do emprego nestes locais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas para contribuír a sufragar os custos de alugueiro dos locais de ocio nocturno que permanecen pechados desde o pasado 15 de agosto –agás as terrazas- co obxectivo de conter o coronavirus. A través destas axudas, o Goberno galego destinou un total de 755.000 euros entre 244 titulares de discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores cun contrato de alugueiro.
Trátase de establecementos afectados pola paralización desta actividade como consecuencia das medidas adoptadas polo Ministerio de Sanidade, en coordinación coas comunidades, para previr e conter a covid-19.
As contías das axudas varían en función do importe mensual do alugueiro con ata 20.000
euros como máximo por solicitude no tramo máis elevado. Os titulares dos establecementos
de ocio nocturno beneficiarios deben ter contrato de alugueiro en vigor desde este mes e
telos vixentes durante un ano desde que a situación sanitaria permita a reapertura do sector, ademais de acreditar a continuidade da actividade durante ese período.
Estas axudas forman parte do Plan de reactivación de ocio nocturno, que no marco do
diálogo directo co sector, inclúe tamén apoio para o mantemento do emprego e para a
celebración de concertos cando sexa posible segundo a situación epidemiolóxica e se
levanten as restricións sanitarias. Nesta liña, a Xunta publicará proximamente unha liña
extraordinaria de subvencións, dotada con 800.000 euros, para o desenvolvemento de
proxectos de programación musical en salas de concertos no marco do Xacobeo 2021 coa
finalidade de lles achegar liquidez aos locais de música ao vivo para enfrontar os efectos do
seu peche durante estes meses e retomar a súa actividade.
Ademais, o Goberno galego xa está a perfilar o segundo Plan de Rescate para autónomos e
microempresas e unha liña específica ao sector da hostalaría pechado por medidas
sanitarias, que contará cun mínimo de 50 millóns de euros, que se veñen a sumar aos 86,2
millóns de euros da primeira convocatoria, dos que este mes se rematarán de abonar as
axudas de tódalas solicitudes.

Publicacións Relacionadas